(; "Illa de Gorée") é un dos 19 municipios do Distrito de Dakar, Senegal. É unha illa de 18´2 ha situada a 2 km. do porto principal de Dakar (), famosa como destino para as persoas interesadas no comercio de escravos no Atlántico aínda que o seu papel real na historia do comercio de escravos é obxecto de disputa.

A súa poboación no censo de 2013 era de 1.680 habitantes, dando unha densidade de 5.802 hab/km², que é só a metade da densidade media da cidade de Dakar. Gorée é tanto o máis pequeno como o menos poboado das 19 comunas de Dakar.

Outros centros importantes para o comercio de escravos do Senegal estaban máis ao norte, Saint-Louis, Senegal, ou ao sur na Gambia, na desembocadura dos principais ríos para o comercio.Les Guides Bleus: Afrique de l'Ouest (1958 ed.), p. 123 É Patrimonio da Humanidade da UNESCO.

O nome é unha corrupción do seu orixinal holandés , que significa "boa rada".

Historia e comercio de escravos

Durante máis de tres séculos foi o mercado de escravos máis importante para abastecelo mercado dos Estados Unidos de América, Caribe e o Brasil, principalmente. A illa foi invadida polos portugueses en 1.444, baixo cuxa bandeira en 1536 construíuse a primeira casa de escravos. A partir de entón, ata o 1848, o ano en que a Francia abolíu a escravitude, nesta illa estableceuse a base máis activa do comercio dos escravos. A casa construída por un holandés en 1776, que aínda se conserva, converteuse en museo pola Unesco.

Galería

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas UNESCO Photos of Goree on Flickr

Archaeological Research on Gorée , Rice University Gorée and the Slave Trade, Philip Curtin, African Threads, History Net George W. Bush's visit

Categoría:Patrimonio da Humanidade no Senegal Categoría:Xeografía do Senegal Categoría:Dakar