miniatura|V 438: Sedia-m'eu na ermida de San Simión e cercaron-mi as ondas, que grandes son… O Cancioneiro da Biblioteca Vaticana (códice Vat. Lat. 4803), tamén coñecido como V,, Giuseppe, A poesía lírica galego-portuguesa, 2ª ed., Ed. Galaxia, 1988, p. 56. é unha colectánea de 1200, Henrique et al. Tres poetas medievais da ría de Vigo. Galaxia. 1998, p. 51. cantigas medievais escritas en galego-portugués (cantigas de amigo, de amor e de escarnio e maldicir), que se conserva na Biblioteca Apostólica Vaticana de Roma.
Características É un manuscrito cartáceo copiado conxuntamente co Colocci-Brancuti por orde de Angelo Colocci no final do século XV ou ben nos primeiros anos do XVI. Está composto por 228 folios de 300 por 220 mm. numerados do 1 ao 10 e despois novamente de 1 a 200, e tamén de 18 folios sen numerar, con frecuentes lagoas. A escritura é cursiva e irregular, parece que foi feita pola man dun amanuense non profesional que empregou unha tinta especialmente corrosiva, encontramos aínda unha outra man á que debemos as rúbricas atributivas e as postilas -menos numerosas que no Cancioneiro da Biblioteca Nacional (B)- identificábel coa de Colocci. Hai indicios de que entre B e V mediou un outro manuscrito cuxa elaboración sería tamén dirixida polo humanista.thumb|page=7|Cancioneiro portuguez da Vaticana, Teófilo Braga, 1878.|centro Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Arte de trovar Cancioneiro da Ajuda Cancioneiro da Biblioteca Nacional Trobadorismo Ligazóns externas
Categoría:Literatura galega medieval Categoría:Cancioneiros Categoría:Historia medieval de Galicia Categoría:Historia medieval de Portugal