Sir William Jardine, nado o 23 de febreiro de 1800 en Edimburgo, e finado na mesma cidade o 21 de novembro de 1874, foi un nobre (7º baronet de Applegirth) e naturalista escocés.

Traxectoria Jardine contribuíu considerabelmente á vulgarización da historia natural no Reino Unido vitoriano, editando a moi popular The Naturalist's Library (en corenta volumes). Esa obra está dividida en catro partes principais: ornitoloxía, mamiferoloxía, entomoloxía e ictioloxía. Cada parte foi preparada por eminentes naturalistas. Entre os artistas que colaboraron nese proxecto está Edward Lear (1812-1888).

Outras publicacións de Jardine son: Natural History of Selborne de Gilbert White (1720-1793) (o que contribuíu ao recoñeeimento deste naturalista). Illustrations of Ornithology (1825-1843). Tamén colaborou na publicación de Birds of America de Alexander Wilson (1766-1813).

Jardine foi o autor de numerosas descricións de especies de aves, moitas delas en colaboración co seu amigo Prideaux John Selby (1788-1867).

Abreviatura A abreviuatura Jardine emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Véxase tamén

Bibliografía Christine Elisabeth Jackson & Peter Davis (2001): Sir William Jardine: a life in natural history. Leicester: Leicester University Press. ISBN 0-7185-0164-0.

Ligazóns externas Obituario, en Nature, Vol. 11, 74-76, 26 de novembro de 1874. Obituario, en Osbert Salvin (Editor), Ibis, Quarterly Journal of Ornithology, Vol. V, páx. 522, 1875.

"Sir William Jardine" litografía por Thomas Herbert Maguire, impresa por M. & N. Hanhart c. 1851 na National Portrait Gallery. Jardine, William (1833): The natural history of humming-birds, vol. 1 - facsímile dixital da biblioteca Linda Hall.

Categoría:Científicos do Reino Unido Categoría:Zoólogos do Reino Unido Categoría:Membros da Sociedade de Anticuarios de Londres Categoría:Nados en 1800 Categoría:Nados en Edimburgo Categoría:Finados en 1874