Manuel Montero Malvar, nado o 11 de novembro de 1898 en Ponteareas e finado o 6 de marzo de 1984 en BarcelonaRexistros municipais do Ajuntament de Barcelona, "Index Alfabetic de Defuncions 01-01-1981 fins 31-12-1985", folio 2028 (Servicio de Archivos de la Generalitat), indica que a defunción foi rexistrada no tomo 493, folio 333., foi un impresor e político galego.
Traxectoria Foi fillo do industrial Saturnino Montero Malvar e de Julia Malvar Díaz. En agosto de 1913 foi denunciado, xunto ao seu irmán Jesús e outros, polo párroco de San Lourenzo de Arnoso (Ponteareas) por unhas faltas contra a relixión cometidas nesta igrexa.
En 1926 xa estaba en Vigo, sendo multado por escándalo en marzo deste ano. En outubro de 1928 foi elixido bibliotecario da xunta directiva do Círculo Mercantil de Cangas de Morrazo. Máis tarde, foi dono dunha imprenta en Vigo. Foi procesado e condenado a dous meses de arresto por imprentar en decembro de 1933 un panfleto convocando a folga xeral revolucionaria.El Pueblo Gallego, 7-1-1934, p. 9. En marzo de 1945 foi detido acusado de pertencer á Unión Nacional xunto a Mariano Otero Castelao, Jesús Balboa López, Jesús Pérez Bustos, Manuel Álvarez, Cándido Comesaña Fernández, Leandro Aroca González, Xosé Velo Mosquera, Avelino Álvarez Meana, Aníbal González Fernández e Rosa González Cabo, encartados na causa 94/45.
Imprimiu, entre outras moitas obras, o folleto de 56 páxinas "Derivaciones y consecuencias del lock-out pesquero de Vigo" (xaneiro de 1933), escrito por Dalmacio Bragado Ruiz, editado pola Juventud Libertaria de Vigo. No mesmo ano tamén imprimiu o folleto de 50 páxinas "Presupuesto municipal ordinario de gastos e ingresos del Ayuntamiento de Lavadores (provincia de Pontevedra). Ejercicio de 1933".
Vida persoal Tivo polo menos outros cinco irmáns, todos nados en Ponteareas: Juan Antonio (falecido en Ponteareas en febreiro de 1909), Saturnino Julio (Ponteareas, 24-7-1911—id., 25-12-1911), Jesús, Eduardo (casado con Carmiña Couñago Carrera o 9-1-1930 en Ponteareas) e Erundina (casada o 27-2-1929 con Francisco Gamallo Rodríguez en Ponteareas).
Eduardo Montero Malvar foi profesor de música, membro da banda municipal de música de Ponteareas e cofundador e director da Rondalla da Agrupación Artística de Ponteareas. Tras a guerra civil, cando contaba 39 anos e traballaba en «artes gráficas», foi procesado en Vigo acusado de «auxilio á rebelión», pero a súa causa foi sobresida. Non sucedeu o mesmo coa súa irmá Erundina que cando contaba 34 anos foi igualmente xulgada en Vigo polo mesmo motivo e condenada a un ano de prisión menor.
Notas
Categoría:Editores de Galicia Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1984 Categoría:Nados en Ponteareas Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes