José Manuel Bernardino Rodríguez Alarcón, nado en Vilagarcía de Arousa cara a 1911 e finado no mesmo concello o 16 de xuño de 1990, foi un médico e político galego.
Traxectoria Fillo de José Rodríguez Bernárdez e Rosario Alarcón Milla e neto de Tiburcio Alarcón. Médico de Vilaxoán. Concelleiro en Vilagarcía de Arousa e colaborador de Elpidio Villaverde. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 logrou evadirse de Galicia na lancha San José n.º 2. Arribaron a Leixões e José Manuel marchou a Francia a finais de agosto xunto con Elpidio Villaverde, José Martínez Virel, Antonio Pérez Gómez, Antonio Lago Outeiral, Manuel Porteiro Viña e Pedro Díaz Abalo. Foi xulgado por rebelión e declarado en rebeldía. En 1942 retomouse o seu procesamento e foi xulgado en Ferrol, co resultado de sobresemento provisional. Finou en Vilagarcía de Arousa o 16 de xuño de 1990 con 78 anos.La Voz de Galicia, 17-6-1990, p. 70.
Vida persoal Casou con Amalia Oubiña Bermúdez de Prescedo e foi pai de Juan José Rodríguez Oubiña.
Notas
Categoría:Concelleiros de Vilagarcía de Arousa Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Exilio galego Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa
Categoría:Nados en 1911
Categoría:Finados en 1990 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes