Antonio Bermúdez Leivas, nado en Riotorto cara a 1880, foi un mariño e político galego.

Traxectoria Fillo do que foi alcalde de Riotorto, José María Bermúdez. Piloto da mariña civil. Foi alcalde de Riotorto en 1917. Disparoulle a Vicente Fernández Díaz por cuestións políticas o 15 de setembro de 1918, foi acusado de homicidio frustrado e xulgado na Audiencia de Lugo en xullo de 1922.El Progreso, 7-7-1922, p. 2. Foi elixido alcalde de Riotorto en marzo de 1930.El Pueblo Gallego, 7-3-1930, p. 7. Na Segunda República foi elixido concelleiro en 1931. Foi elixido alcalde de Riotorto o 19 de xuño de 1931.BOP Lugo, 12-9-1932, p. 3. Militou en Izquierda Republicana e volveu ser alcalde o 24 de xuño de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado como alcalde o 25 de xullo,BOP Lugo, 16-1-1937, p. 2. e foi detido o 20 de agosto. Xulgado o 7 de maio de 1937 en consello de guerra na causa 321/37 co seu irmán Eugenio e Ramón Iglesias Valiña, foi condenado a cadea perpetua por rebelión. Estivo preso na prisión provincial de Lugo. Saíu en liberdade provisional por orde do Ministerio de Xustiza do 31 de maio de 1941.BOE, 16-6-1941, p. 4368-4371. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas,BOP Lugo, 24-7-1937, p. 1. e foi sancionado.BOP Lugo, 12-2-1941, p. 4.

Vida persoal Casou con Concepción Canto Lourido e foi pai de Elvira, Esther, Concepción e Antonio Bermúdez Canto.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Expediente procesual de Antonio Bermúdez Leivas

Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Alcaldes de Riotorto Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Riotorto Categoría:Nados en 1880 Categoría:Finados en ano descoñecido

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes