O Marisquiño é un evento deportivo e cultural urbano que se celebra na cidade de Vigo cada mes de agosto dende o ano 2001. Tras unha longa etapa no Porto de Vigo, actualmente ten a súa sede principal na contorna da Praia de Samil, aínda que mantén algunhas probas no centro da cidade. O evento conta con actividades de concertos, grafitis e competicións de deportes urbanos, e está consolidado como un dos festivais de referencia no sur de Europa.
Entre as modalidades deportivas que forman parte do seu programa están o Basket 3×3, o skate, o BMX, o "Dirt Jump", o "Motocross", ademais do espectacular descenso en bicicleta polo Casco Vello, unha das súas probas máis emblemáticas.
Accidente de 2018
O día 12 de agosto de 2018 ás 23:58 horas ocorreu un accidente ao esboroarse a estrutura de formigón sobre a que descansaba unha plataforma de madeira do Porto de Vigo, nas Avenidas, durante un concerto de música. Ao día seguinte calculaban que houbera 377 persoas feridas, aínda que de diversa consideración chegaron a 467.http://www.atlantico.net/articulo/vigo/nace-plataforma-afectados-marisquino/20180914233529668523.html
En setembro de 2018 a Federación de Asociacións Veciñais Eduardo Chao (Favec) creou unha Plataforma de Afectados polo Accidente do Marisquiño e o Parlamento de Galicia, unha comisión política sobre o accidente.
A derradeira edición foi a do ano 2019. En 2021 anunciouse que non se ía celebrar máis en Vigo."O Marisquiño se va de Vigo". Faro de Vigo, 22/2/2021 . Aínda así, o festival continuouse celebrando, mais buscando unha nova localización.
A partir da edición de 2023, a praia de Samil e a súa contorna acollen a maior parte das probas do festival O Marisquiño. Este cambio de localización, dende o Porto de Vigo cara a Samil, respondeu á necesidade de atopar espazos máis amplos e seguros que permitisen o crecemento do festival. O obxectivo era mellorar a experiencia tanto para os deportistas como para o público, evitando as aglomeracións do centro e ofrecendo un contorno natural espectacular coas Illas Cíes de fondo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Accidente do Marisquiño
Categoría:Deporte en Vigo Categoría:Eventos en Vigo