miniatura|250x250px|Primeiro modelo da Zenit, producido en 1952 en Moscova, cun obxectivo Industar. Zenit (en ruso: Зени́т) é unha marca rusa (orixinalmente soviética) de cámaras e obxectivos fotográficos. Os corpos destas cámaras foron producidos polas fábicas KMZ dende 1952 ata 2005 en Moscova e por BelOMO dende a década de 1970 en Belarús, os obxectivos normais Helios-44 que maioritariamente as acompañan foron producidos tamén en Moscova, Valdái e Vileyka. A marca Zenit identifícase principalmente coas cámaras SLR de 35 mm, aínda que outros tipos de cámaras non réflex utilizaron este nome.
Historia
Primeiros anos A primeira cámara Zenit estaba baseada na cámara telemétrica Zorki (a cal era unha copia da Leica II). Ao transformar a Zorki nunha cámara réflex de único obxectivo eliminouse o telémetro e transfoumouse nunha pantalla de vidro mate e un prisma; engadiuse un espello móbil cun sistema de aparellos, polo cal a montura de rosca de 39 mm tivo que ser desprazado para adiante.
Durante os primeiros anos de produción (ata a Zenit-E, de 1967), o desenvolvemento das cámaras Zenit era semellante ás das Zorki.
Zenit-E e os seus sucesores miniatura|250x250px|Zenit-E cun obxectivo Industar e fotómetro de selenio. Á dereita pode observarse o emblema dos Xogos Olímpicos de Moscova de 1980. Dende 1967 ata 1969 KMZ desenvolveu un sistema metalúrxico que permitía a fabricación masiva de cámaras. A produción de cámaras evolucionou ao sistema de montura M42. Ademais, un espello de retorno automático foi incorporado. Isto levou a creación dun dos seus modelos máis coñecidos, a Zenit-E, da cal se produciron preto de 12 millóns de exemplares (incluíndo os subtipos). Os principais eventos do desenvolvemento posterior das Zenit-E foron:
A introdución dun diafragma automático no modelo Zenit-EM. O sistema de medición Through the lens (TTL) na Zenit-TTL. Hai dúas variantes da Zenit-12XP, unha máis metálica e sen telémetro de imaxe partida e outra posterior máis plástica e con telémetro de imaxe partida. A evolución á montura Pentax K na Zenit-122K. A introdución do código DX (reemplazando o control manual de velocidade ISO) na Zenit-412DX.
Modelos
Primeiros modelos
Con carga inferior da película
Zenit (sen número orixinalmente, pero coñecida agora como Zenit 1) Zenit-S Zenit-3
Con carga posterior da película
Kristall Zenit-3M
Cámaras semi-automáticas
Zenit-4 Zenit-5 Zenit-6
Cámaras da serie Zenit-E miniatura|250x250px|Zenit-EM de 1978, cun obxectivo Helios-44M.
Modelos con fotómetro de selenio
Zenit-E Zenit-EM Zenit-ET Zenit-10 Zenit-11
Modelos sen fotómetro de selenio
Zenit-V (tamén coñecida como Zenit-B) Zenit-VM (tamén coñecida como Zenit-BM)
Cámaras con medición a través da lente e montura M42
Zenit-TTL Zenit-12 Zenit-12xp, Zenit 12SD Zenit-122 Zenit-122V (tamén coñecida como Zenit-122B) Zenit-312m Zenit-412DX Zenit-412LS
miniatura|250x250px|Zenit-212K cun obxectivo MC Variozenitar.
Cámaras coa medición a través da lente e montura Pentax K
Zenit-122K Zenit-212K
Cámaras con montura propia
Start Zenit-7 Zenit-D
Cámaras automáticas con montura M42
Zenit-16 Zenit-19 Zenit-18 Zenit-MT-1 Surprise (variante de medio formato da Zenit-19)
Cámaras da serie Zenit Ax con montura Pentax K
Zenit-Avtomat Zenit-AM Zenit-AM2 Zenit-APM Zenit-APK Zenit-KM Zenit-KM plus
Modelos fabricados só en Belarús
Zenit-15M Zenit-12XS Zenit-122 (diferente modelo respecto á Zenit-122 de KMZ) Zenit-21XS Zenit-12PRO Zenit-12XSL Zenit-130
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina web oficial de Krasnogorsky Zavod
Categoría:Cámaras fotográficas Categoría:Empresas de Rusia