A Forza Aérea de Austria (alemán: Österreichische Luftstreitkräfte) é un compoñente das forzas armadas austríacas (Bundesheer). No presente a Forza Aérea de Austria opera 102 aeronaves, 15 delas de combate.

Historia A Forza Aérea de Austria foi creada en maio de 1955 polas potencias aliadas victoriosas, suxeita a restriccións no seu uso de mísiles guiados. o Tratado de Estado austríaco de 1955 comprometeu a Austria coa neutralidade permanente.

O adestramento dos pilotos comezou con catro Yak 11 Moose e catro Yak 18 Max doados pola Unión Soviética, e Austria mercou máis adestradores lixeiros baixo o Programa de Asistencia Militar. Ata 1960 o país mercou avións de adestramento e apoio baixo ese programa, pero non cazas modernos; o rol dun caza era cumprido de forma pouco axeitada polos 30 vellos Saab 29 mercados de segunda man á Forza Aérea de Suecia a principios dos anos 60.

Dende 1970 Austria mercou un total de 40 avións lixeiros multirol Saab 105 coa intención de despregalos e roles de adestramento, recoñecemento, intercepción e ataque á terra. Como quedou claro nos anos 80 que os avións subsónicos non eran axeitados para o combate aéreo e para a interdición no espazo aéreo, Austria mercou 28 Saab 35 Draken cazas reacondicionados para substituír os Saab 105 como principal interceptor da Forza Aérea en 1988. O Saab 105 continuou en servizo como adestrador e avión de vixilancia.

Pouco despois o Draken viu o seu primeiro grande uso en interdición no espazo aéreo a partir de 1991 durante as guerras iugoslavas, cando cazas MiG-21 iugoslavos cruzaron a fronteira austríaca sen permiso. Nun incidente o 28 de xuño un MiG-21 penetrou ata Graz, causando demandas xeneralizadas de acció. Tras repetidos cruces da fronteira por avións armados do Exército Popular Iugoslavo, suxeríronse cambios nas ordes vixentes para o armamento das aeronaves.

Dende 1955 as forzas armadas de Austria teñen prohibido operar calquera tipo de sistema de mísiles guiados, incluídos mísiles aire-aire e superficie-aire (SAM). No ambiente da post-guerra fría, e cos avións armados concanóns sendo unha reliquia do pasado, o Parlamento do país votou para corrixir esta seccióndo seu tratado de estado e en xaneiro de 1993 pedíuse o moderno mísil AIM-9 Sidewinder a Suecia para armar os seus cazas. Un modelo mellor de Sidewinder foi mercado directamente aos Estados Unidos e as entregas comezaron en 1995. Tamén se mercaron mísiles SAM Mistral franceses para ter protección nas bases contra ataque aéreos. Os primeiros Mistral chegaron en 1993 e as entregas remataron en 1996.

A frota de helicópteros inclúe Agusta-Bell (AB) 204 (principalmente usados para evacuación médica), AB-206 (adestramento e enlace), e AB-212 (usados para forzas aerotransportadas e transporte lixeiro). 28 Alouette III franceses están dispoñibles para tarefas de busca e rescate, incluídas operacións na alta montaña. O Bell OH-58 Kiowa, un helicóptero de exploración, está equipado cunha metralladora de disparo rápido, aínda que a Forza Aérea carece dun helicóptero de ataque real. A meirande parte dos helicópteros, agás os 24 AB-212, están volvéndose obsoletos. Despois da avalancha de Galtür en 1999 fíxose evidente que os helicópteros da Forza Aérea eran moi poucos e tiñan uns deseños moi limitados. Polo tanto mercáronse 9 UH-60 Blackhawk estadounidenses para ser usados como transportes durante desastres.

En 2003 a capacidade de transporte melorou coa compra de tres C-130 Hercules da Royal Air Force. En 2005 a frota de Saab Draken foi retirada (50 anos despois de que tipo voase por vez primeira), para ser substituído polo Eurofighter Typhoon. Antes da primeira entrega doTyphoon, alugáronse 12 F-5 Tiger II a Suíza como medida provisional. A compra do Eurofighter foi controvertida en Austria aínda que finalmente o derradeiro dos 15 avións foi entregado o 24 de stembro de 2009. En 2017 os posibles asuntos de corrupción que rodean a compra do Eurofighter aínda estaban sendo investigados polo parlamento austríaco. No mes e xullo, como resltado da controversia, o Ministro de Defensa anunciou a retirada dos Typhoon a partir de 2020, e da súa substitución por un sistema de vixilancia aéra "militarmente máis efectivo e máis económico".

Inventario dereita|miniatura|Eurofighter dereita|miniatura|Antigo UH-60M

AviónOrixeTipoVarianteEn servizoNotasAvións de combateEurofighterUnión EuropeamultirrolTranche 115Hoyle, Craig (2023). "World Air Forces 2024". FlightGlobal. Consultado o 8 de abril de 2024.TransportePilatus PC-6Suízautilitario/transporte8C-130 HerculesEstados Unidostransporte tácticoC-130K3Embraer C-390 MillenniumBrasiltransporte táctico4 pedidosHelicópterosBell OH-58Estados UnidosexploraciónOH-58B10Bell UH-1NEstados Unidosutilitario23Sikorsky S-70Estados UnidosutilitarioS-70A42912 pedidosAérospatiale Alouette IIIFranciaenlace/utilitario20AgustaWestland AW169ItaliautilitarioAW169M333 pedidosAdestradoresPilatus PC-7Suízaadestrador12Diamond DA40AustriaadestradorDA40 NG4

Notas

Austria Categoría:Forzas armadas de Austria Categoría:Aviación en Austria