Jack William Nicklaus, nado en Columbus (Ohio) o 21 de xaneiro de 1940 é un ex-golfista estadounidense, considerado por moitos o mellor da historia, por ser quen gañou un maior número de torneos majors (un total de 18 profesionais e 20 se se contan od dous Abertos dos Estados Unidos Afeccionado que gañou en 1959 e 1961). A súa robusta aparencia e o seu cabelo dourado déronlle o alcume de Golden Bear (oso dourado).

No Aberto dos Estados Unidos de 1962 gañou o seu primeiro torneo profesional, á vez que foi tamén o seu primeiro major. Nesta ocasión impúxose a Arnold Palmer comezando unha enorme rivalidade entre ambos. En 1966, gañou The Masters por segundo ano consecutivo, sendo o único en conseguilo ata ese momento. Ese ano tamén gañou o Aberto británico co que logrou adxudicarse polo menos nunha ocasión todos os torneos majors (conseguira o Campionato da PGA en 1963).

Entre 1971 e 1980, gañou nove majors máis, superando o récord de trece que tiña Bobby Jones. Aos 46 anos conseguiu o seu major número 18, co The Masters de 1986, converténdose no gañador de máis idade dun torneo major na historia. En 1990, uniuse ao PGA Tour sénior e en 1996 xa gañara dez torneos do tour, incluíndo oito majors. Continuou a xogar os catro majors do PGA Tour ata 2005, cando disputou as súas últimas aparicións no Aberto británico e en The Masters.

Ademais destes títulos organiza o seu propio torneo do PGA Tour, o Memorial Tournament, escribe libros sobre técnica de xogo e autobiográficos, deseña campos de golf coa súa compañía, unha das máis importantes do mundo do sector, e ten a súa propia marca de equipamento de golf, fundada en 1992.

Palmarés miniatura|200px|O presidente George W. Bush xunto a Tim Finchem (comisionado do PGA Tour) e os capitáns Jack Nicklaus e Gary Player o 13 de abril de 2005 na oficina oval coa Copa Presidente. Durante a súa carreira no PGA Tour, Nicklaus gañou 18 torneos majors, sendo este o récord de vitorias. Ten o récord de vitorias no Masters de Augusta, con seis, e logrou cinco no Campionato da PGA, catro no Aberto dos Estados Unidos e tres no Aberto Británico.

Gañou 73 torneos do PGA Tour, sendo o terceiro golfista que máis posúe tras Tiger Woods e Sam Snead, e obtivo 286 top 10, segundo no historial detrás de Snead.

Foi en oito temporadas o líder en ganancias do PGA Tour (1964, 1965, 1967, 1971, 1972, 1973, 1975 e 1976), segundo en cinco temporadas, e terceiro noutras tres. Ademais, obtivo o premio ao xogador do ano en cinco ocasións (1967, 1972, 1973, 1975 e 1976).

Por outra banda, xogou en seis ocasións a Ryder Cup, onde logrou 18,5 puntos en 28 partidos, e capitaneou o equipo sen xogar noutras dúas edicións.

Majors Ano |width="250"|Campionato54 buratos |width="165"|MarcadorMarxe |width="350"|Finalista 1962 Aberto dos Estados Unidos -2 -1 (72-70-72-69=283) Playoff 1 Arnold Palmer 1963 Máster de Augusta +1 -2 (74-66-74-72=286) 1 golpe Tony Lema 1963 Campionato da PGA -3 -5 (69-73-69-68=279) 2 golpes Dave Ragan 1965 Máster de Augusta <small> (2) +5 -17 (67-71-64-69=271) 9 golpes Arnold Palmer, Gary Player 1966 Máster de Augusta <small> (3) Par E (68-76-72-72=288) Playoff 2 Gay Brewer, Tommy Jacobs 1966 Aberto británico -2 -2 (70-67-75-70=282) 1 golpe Doug Sanders, Dave Thomas 1967 Aberto dos Estados Unidos <small> (2)-1 -9 (71-67-72-65=275) 4 golpes Arnold Palmer 1970 Aberto británico <small> (2)-2 -5 (68-69-73-73=283) Playoff 3 Doug Sanders 1971 Campionato da PGA <small> (2)+4 -7 (69-69-70-73=281) 2 golpes Billy Casper 1972 Máster de Augusta <small> (4)+1 -2 (68-71-73-74=286) 3 golpes Bruce Crampton, Bobby Mitchell, Tom Weiskopf 1972 Aberto dos Estados Unidos <small> (3)+1 +2 (71-73-72-74=290) 3 golpes Bruce Crampton 1973 Campionato da PGA <small> (3)+1 -7 (72-68-68-69=277) 4 golpes Bruce Crampton 1975 Máster de Augusta <small> (5)-1 -12 (68-67-73-68=276) 1 golpe Tom Weiskopf, Johnny Miller 1975 Campionato da PGA <small> (4)+4 -4 (70-68-67-71=276) 2 golpes Bruce Crampton 1978 Aberto británico <small> (3)-1 -7 (71-72-69-69=281) 2 golpes Ben Crenshaw, Raymond Floyd, Tom Kite, Simon Owen 1980 Aberto dos Estados Unidos <small> (4)Par -8 (63-71-70-68=272) 2 golpes Isao Aoki 1980 Campionato da PGA <small> (5)+3 -6 (70-69-66-69=274) 7 golpes Andy Bean 1986 Máster de Augusta <small> (6)-4 -9 (74-71-69-65=279) 1 golpe Tom Kite, Greg Norman

1 Derrotou a Arnold Palmer no playoff de 18-buratos: Nicklaus (71), Palmer (74) 2 Derrotou a Tommy Jacobs & Gay Brewer no playoff de 18-buratos: Nicklaus (70), Jacobs (72), Brewer (78) 3 Derrotou a Doug Sanders no playoff de 18-buratos: Nicklaus (72), Sanders (73)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial Polaris World Nicklaus Golf Trail Equipamento de golf Nicklaus Portadas de Sports Illustrated con Jack Nicklaus Museo Nicklaus Tour PGA Jack Nicklaus en About.com Perfil de Nicklaus en Golf Legends

Categoría:Nados en Columbus, Ohio Categoría:Nados en 1940 Categoría:Golfistas dos Estados Unidos de América Categoría:Medalla Presidencial da Liberdade Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá