Dunkleosteus (do alemán: Dunkle «escuro» e do grego antigo: osteos «óso») é un xénero de peixes placodermos artródirosepkoski, J. J. S.: 2002. «A compendium of fossil marine animal genera.» Bulletins of American Paleontology 363:1-560. que existiron a finais do período devoniano, dende hai preto de 380 até 360 millóns de anos, no Frasniense e Fameniense. Foron descritas algunhas especies e atopáronse numerosos fósiles en Norteamérica, Polonia, Bélxica e Marrocos.

Como outros diníctidos, os Dunkleosteus caracterizábase por ter unha cabeza acoirazada provista de mandíbulas con coitelas dentais pouco usuais. Aínda que outros placodermos rivalizaban con el en tamaño, Dunkleosteus é considerado un dos depredadores mariños máis feros e mortais que existiron. Con até seis metros de longo e unha tonelada de peso, este cazador estivo no cumio da cadea alimentaria do seu ambiente, e probablemente depredaba toda clase de fauna.

Novos estudos revelaron varios trazos tanto na súa alimentación e biomecánica como na súa ecoloxía e fisioloxía. Nas últimas décadas, Dunkleosteus logrou ser recoñecido na cultura popular, cunha gran cantidade de espécimes en exposición, e notables aparicións en medios de entretemento.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Fósiles descritos en 1956