Arturo Sieiro Alonso, nado en Boiro cara a 1890, foi un político galego.
Traxectoria Estivo emigrado en Chile e Arxentina. Retornou a Boiro cara a 1920. Propietario dun serradoiro mecánico en Rebordelo. Na ditadura de Primo de Rivera foi concelleiro de Boiro. Logo da proclamación de República e da repetición das eleccións municipais en maio, foi elixido alcalde de Boiro o 20 de xuño de 1931. Dimitiu o 17 de agosto de 1931.El Pueblo Gallego, 23-8-1931, p. 13. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 a súa casa foi asaltada. Foi nomeado concelleiro en 1936.
Vida persoal
Casou en Chile con Sara Stone Sanhueza, e foi pai de Victor e Arturo Sieira Stone. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Alcaldes de Boiro Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Concelleiros de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Boiro
Categoría:Nados en 1890
Categoría:Finados en ano descoñecido