Ernesto Baltar Feijoo, nado en Padrón en 1943 e finado en Pontevedra o 26 de xaneiro de 2021,Fallece el ex presidente del Liceo Casino Ernesto Baltar Feijoo foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Fillo de Ernesto Baltar Santaló. Avogado en Pontevedra, foi presidente do Liceo Casino de Pontevedra. Pertenceu a Democracia Cristiá de Ruíz Giménez, despois ao Partido Galeguista e foi militante de Coalición Galega. Foi candidato de Coalición Galega ao Congreso pola provincia de Pontevedra en 1986. Concelleiro de Pontevedra dende 1987 como independente na lista de Alianza Popular, foi portavoz do grupo municipal de AP no concello de Pontevedra. En 1989 integrouse no PPdeG.La Voz de Galicia, 28-1-1989, p. 27. Foi vogal da comisión de calidade do Consello Social da Universidade de Vigo.
Notas
Categoría:Avogados de Padrón Categoría:Concelleiros de Pontevedra Categoría:Concelleiros de Galicia polo PPdeG Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Padrón Categoría:Nados en 1943
Categoría:Finados en 2021 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes