Ana Viqueira Amor, nada na Coruña en 1957 e finada en Santiago de Compostela o 18 de agosto de 2016, foi unha xornalista galega.

Traxectoria Estudou Xornalismo na Universidade Complutense de Madrid. Traballou para a axencia Colpisa (en Madrid), El Ideal Gallego (na Coruña), El Correo Gallego (en Santiago de Compostela) e La Nueva España (en Oviedo). Fundou e dirixiu o suplemento de humor Cuarta Feira, dirixiu a delegación de Santiago de Compostela de Faro de Vigo e a da Axencia EFE.

Estaba casada co tamén xornalista Xosé Hermida.

Notas

Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1957 Categoría:Finados en 2016