miniatura|300px|Monumento adicado aos poetas, cantores e trobadores da ría de Vigo, Martín Codax, Pero Meogo, Mendiño e Paio Gómez Chariño, A fada e o dragón de Xaime Quessada, no paseo de Alfonso XII de Vigo.

Pero Meogo foi un xograr galego-portugués da Idade Media, máis concretamente do século XIII.

Traxectoria Del non se ten case información, e suponse que debeu ser contemporáneo do rei don Dinís de Portugal (que reinou desde 1279 até 1325). Consérvanse nove cantigas de amigo da súa autoría.

miniatura|O cervo aparece en varias cantigas de Pero Meogo. En documentación do século XIII hai constancia dun crego de Ourense e dun notario santiagués do mesmo nome. O profesor José Antonio Souto Cabo identifícao, con base á documentación da catedral de Santiago, cun crego do municipio de Teo, ó cal a documentación relaciona co trobador Sancho Sánchez e o xograr Martín de Sisto.

Os especialistas na lírica medieval galego-portuguesa Carlos Alvar e Vicente Beltrán sitúan a obra de Pero Meogo a medio camiño entre a cantiga narrativa e a de amigoCarlos Alvar e Vicente Beltrán, Antología de la poesía gallego-portuguesa, Alhambra, 1989. Neste autor vese un amplo uso de símbolos da natureza, especialmente do cervo e a auga.

Notas

Véxase tamén Edicións MÉNDEZ FERRÍN, X. L.: O cancioneiro de Pero Meogo, Vigo, Galaxia, 1966. AZEVEDO FILHO, L. A. de: As cantigas de Pero Meogo, Brasilia, 1981.

Ligazóns externas Nove cantigas de amigo de Pero Meogo Análise dunha cantiga de Meogo, en pdf, en español "Levóus' a louçana, levóus' a velida", recreada por Paulina Ceremużyńska (Grupo de Música Antiga Meendinho). "Enas verdes herbas", recreada con base folk por Doa.

Categoría:Literatura galega medieval