O Acordo Sykes-Picot, coñecido oficialmente como o Acordo de Asia Menor, foi un acordo secreto entre Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e a Terceira República Francesa para definir as propostas esferas de influencia e control dos dos países no Próximo Oriente se acaso a Tripla Entente obtivera a vitoria en contra do Imperio Otomán na primeira guerra mundial. As negociacións desenvolvéronse entre novembro de 1915 e marzo de 1916, asinouse o acordo o 16 de maio de 1916, p. 8. e foi exposto ao público por Izvestia e Pravda o 23 de novembro de 1917 e polo The Manchester Guardian o 26 de novembro de 1917.
Considérase que o acordo deulle a forma actual á rexión. Definíronse as fronteiras de Iraq e Siria, e levou ata o conflito actual entre Israel e o pobo palestino. Moitas persoas ven o acordo como un punto de inflexión nas relacións entre o mundo do Occidente e o mundo árabe. Negáronse as promesas feitas aos árabesA película de James Hawes "Lawrence of Arabia: The Battle for the Arab World" publicada por PBS Home Video o 21 de outubro 2003 Entrevista con Kamal Abu Jaber, anterior Ministro de relaciones exteriores de Xordania. polo coronel T. E. Lawrence dunha patria nacional e árabe na área de Gran Siria, a cambio de aliarse cos británicos en contra do Imperio Otomán. A arquitectura xeopolítica fundada por Sykes-Picot favoreceu circunstancias que deron a lugar situacións como a protección que desfrutaron as minorías relixiosas e étnicas no Medio Oriente, as cales son motivos de conflitos na actualidade. O Estado Islámico afirmou que unha das metas da súa insurxencia, era reverter os efectos de Sykes-Picot.
Partición O acordo repartía aos británicos o control das áreas desde a liña da costa do mar Mediterráneo ata o río Xordán, Xordania, o sur de Iraq e unha pequena área que incluíu os portos de Haifa e Acre para deixar acceso ao Mediterráneo.Text of the Sykes–Picot Agreement at the WWI Document Archive Aos franceses correspondeulle o control do sueste de Turquía, o norte de Iraq, Siria e o Líbano. O Imperio ruso ía a recibir Istanbul, os Estreitos Turcos e Armenia. Deixouse liberdade ás potencias para decidir as fronteiras dentro das súas propias áreas. Se esperaron máis negociacións con outros poderes incluíndo a Rusia e Hussein ibn Ali, o xerife da Meca para determinar a administración internacional.
Dada a derrota eventual de 1918 e a subseguinte partición do Imperio Otomán, o acordo efectivamente dividiu as provincias árabes dos otománs fora da Península arábiga en áreas de influencia e control dos británicos e francesesPeter Mansfield, British Empire magazine, Time-Life Books, no 75, p. 2078 e se propuxo unha «administración internacional» para Palestina.Eugene Rogan, The Fall of the Ottomans, p.286 Os británicos formaron o Mandato británico de Palestina entre 1920 e 1948 e o Mandato británico de Iraq desde 1920 ata 1932, mentres que o Mandato francés de Siria e Líbano durou desde 1923 ata 1946. Os diplomáticos británicos e franceses Mark Sykes e François Georges-Picot negociaron os termos do acordo. O goberno do tsar de Rusia foi unha parte menor no acordo e despois da Revolución de Outubro, foron os bolxeviques quen publicaron o acordo, resultando que «os británicos avergoñáronse, os árabes consternáronse e os turcos aledáronse».Peter Mansfield, The British Empire magazine, no. 75, Time-Life Books, 1973
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Declaración Balfour
Categoría:1916 Categoría:Tratados da primeira guerra mundial Categoría:Historia contemporánea de Francia Categoría:Historia do Reino Unido Categoría:Historia de Israel Categoría:Historia de Turquía Categoría:Historia de Iraq Categoría:Historia de Siria Categoría:Historia de Xordania Categoría:Historia de Rusia Categoría:Historia de Francia do século XX