Manuel Martínez Ramos, nado en Santa Colomba de Somoza (Provincia de León) e finado en Vigo en novembro de 1967, foi un industrial e político galego.

Traxectoria Dono dunha fábrica de conservas en Teis. Envasaba as marcas "La Florita" e "Atisbo". Na Segunda República foi concelleiro de Lavadores. O 7 de xaneiro de 1936 foi elixido primeiro alcalde do recentemente constituído concello de Teis.El Pueblo Gallego, 9-1-1936, p. 3. Baixo a súa presidencia, a corporación puxo en marcha a construción do mercado, a dotación de saneamento e a creación de grupos escolares. Dimitiu en febreiro e foi substituído por Julio Quirós Estévez."La independencia de Teis", La Voz de Galicia, 5-12-1997, p. 34. Finou en Vigo en novembro de 1967.Faro de Vigo, 17-11-1968, p. 21. Vida persoal

Casou con Josefa Huerga Carro, e foi pai de Josefa, Carmen, Teresa e Rosario Martínez Huerga. Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Empresarios do sector conserveiro Categoría:Empresarios de Galicia

Categoría:Alcaldes de Teis Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República

Categoría:Finados en 1967 Categoría:Nados na provincia de León