Eduardo Xesús Maragoto Sanches, coñecido como Eduardo Maragoto, nado no Barqueiro (Mañón) en 1976, é un filólogo galego e profesor de lingua portuguesa na EOI de Santiago de Compostela. Foi presidente da Associaçom Galega da Língua até o 9 de xullo de 2023, sendo substituído por Jon Amil.
Traxectoria Pasou a infancia e a adolescencia en Feás, Cariño. Estudou Filoloxía Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Participa de forma activa no reintegracionismo, participou na fundación do Movimento Defesa da Língua e como parte do consello de redacción da publicación Novas da Galiza e do Portal Galego da Língua. En 2015 foi escollido presidente da Associaçom Galega da Língua, recuncando na presidencia en 2019. Desde 2017 colabora con canle de televisión Nós TV, onde presenta o programa "Galego de Todo o mundo, um programa de reflexom linguística para a Galiza e a Lusofonia".
Obra Libros
Artigos
Películas
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Galego de Todo o Mundo. Nós TV (Youtube).
Critérios para oriental a ortografia da língua do val de Xálima
Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados en Mañón Categoría:Activistas pola normalización lingüística do galego Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega