Xosé Tomás Veiga Roel, nado en Betanzos o 9 de novembro de 1894 e finado no mesmo concello o 9 de febreiro de 1976, foi un debuxante e fotógrafo galego. Traxectoria
Debuxante dende moi novo, fíxose famoso polas súas aptitudes como calígrafo e miniaturista. Membro da Irmandade da Fala de Betanzos, colaborou en Rexurdimento. Foi ilustrador de El Eco de las Mariñas e outras publicacións, revistas e programas de festas. Participou na Exposición de Arte Galego da Coruña (1923), na Exposición Rexional de Belas Artes de Santiago e en 1935 obtivo un diploma de honra na Exposición de Belas Artes de Ferrol. A principios dos anos cincuenta frecuentou o Café Español, onde se reunía a Peña Fotográfica da Coruña e descubriu a fotografía. Instalou un laboratorio na súa casa e dedicoudose a esta práctica. Fixo fotografía documental e colaborou en Vida Gallega e Galicia. Revista Anual de Turismo. En 1957 expuxo nos salóns do Club Imperio da Coruña e en 1965 na Casa de Galicia de Madrid. Finou en Betanzos o 9 de febreiro de 1976.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 8-2-1977, p. 58. Recoñecementos Foi nomeado fillo predilecto de Betanzos en 1980La Voz de Galicia, 25-6-1980, p. 32 e fotógrafo histórico pola Deputación da Coruña no 2023.
Vida persoal
Casou con Consuelo Sánchez Sánchez e foi pai de Silvia, José Antonio, Julio Víctor e Consolación Veiga Sánchez. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas José Veiga Roel cadadiaunfotografo.com . Xosé Veiga Roel almanaquedasirmandades.gal
Categoría:Debuxantes de Galicia Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Irmandades da Fala Categoría:Nados en Betanzos Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en 1976