Winifred Mary Beard, nada en Much Wenlock, Shropshire, o 1 de xaneiro de 1955, é unha académica inglesa especializada en estudos clásicos. É catedrática na Universidade de Cambridge, fellow do Newnham College e profesora de literatura antiga da Royal Academy of Arts. Destacan os seus traballos de divulgación histórica. É editora de clásicos de The Times Literary Supplement e autora do blog A Don's Life,Traducido, "A vida dun Don". O vocábulo Don na cultura de Oxbridge é equivalente a "catedrático". publicado en The Times como unha columna regular. Polas súas frecuentes aparicións nos medios e as súas declaracións públicas, ás veces polémicas foi descrita como a «clasicista máis coñecida de Gran Bretaña».
Traxectoria Mocidade e educación Beard, filla única, naceu o 1 de xaneiro de 1955 en Much Wenlock. A súa nai, Joyce Emily Beard, era directora dun centro escolar e entusiasta lectora. O seu pai, Roy Whitbread Beard, traballaba como arquitecto en Shrewsbury. Ela lémbrao como un tipo de escola pública disoluto e un completo desbaldidor, mais moi atractivo.
Beard asistiu á Shrewsbury High School, unha escola privada para nenas. Durante o verán participaba en escavacións arqueolóxicas para gañar diñeiro para os seus propios gastos. Aos dezaoito anos foi entrevistada para obter unha praza no Newnham College de Cambridge e superou o entón obrigatorio exame de entrada. Pensou ir ao King's College, pero descartouno cando descubriu que esa universidade non ofrecía bolsas ás mulleres.
A pesar de estudar nunha universidade feminina comprobou no seu primeiro ano que algúns homes mantiñan na universidade unha actitude desdeñosa cara ao potencial académico das mulleres e iso fortaleceu a súa determinación para ter éxito. Tamén desenvolveu os seus puntos de vistas feministas que foron «enormemente importantes» na súa vida posterior, a pesar de que máis tarde describiu o «feminismo ortodoxo moderno» como parcialmente "baleiro". Beard dixo dende entón que «Newnham podería facelo mellor converténdose nun lugar onde se poidan xerar temas críticos» e tamén describiu os seus puntos de vista sobre o feminismo, dicindo: «En realidade non podo entender que sería ser unha muller sen ser unha feminista». Beard recibiu un BA (Hons) en Newnham, que co tempo se converteu nun MA. Permaneceu en Cambridge para realizar a súa tese de doutoramento en 1982 titulada The state religion in the late Roman Republic: a Study Based on the Works of Cicero ("A relixión de Estado na República romana tardía: un estudo baseado nas obras de Cicerón").
Carreira académica De 1979 a 1983 Beard deu clases de clásicas no King's College de Londres. Volveu a Cambridge en 1984 como membro do Newnham College sendo nesa época a única muller conferenciante na facultade de Clásicas. Rome in the Late Republic, que coescribiu co antigo historiador de Cambridge Michael Crawford foi publicado ese mesmo ano.
Beard converteuse en editora de clásicos de The Times Literary Supplement en 1992. En 1994 fixo unha aparición en televisión nun debate sobre os Open Media para a BBC, Weird Thoughts, xunto a Jenny Randles e James Randi.EOFF , consultado o 5 de xaneiro de 2016.
Pouco despois do ataque do 11 de setembro de 2001 contra o World Trade Center, Beard foi unha dos autores convidados a contribuír con artigos sobre o tema na London Review of Books. Opinou que moitas persoas, unha vez que o shock se desvaneceu, pensaban que os Estados Unidos o merecían, e que os abusóns do mundo, mesmo se o seu corazón estaba no lugar correcto, acabarían pagando o prezo» (o chamado «argumento Roosting Chickens»). Nunha entrevista en novembro de 2007, declarou que a hostilidade que eses comentarios provocaron aínda non amainara, aínda que cría que se converteu nun punto de vista habitual asociar o terrorismo coa política exterior dos Estados Unidos.
En 2004, Beard converteuse en profesora de Clásicas en Cambridge. Tamén foi nomeada profesora visitante Sather de literatura clásica en 2008-2009 na Universidade de California, Berkeley, onde pronunciou unha serie de conferencias sobre «Roman Laughter» ("Riso romano"). En 2009 recibiu o Premio de Historia Wolfson.
En decembro de 2010, na BBC Two, Beard presentou o documental histórico gráfico, Pompeii: Life and Death in a Roman Town ("Pompeii: vida e morte nunha cidade romana"), presentando os restos da cidade a partir de probas forenses, co obxectivo de mostrar unha instantánea da vida dos residentes antes da erupción do Vesuvio.Pompeii: The Life of a Roman Town (2008); ISBN 1-86197-516-3 (U.S. title: The Fires of Vesuvius: Pompeii Lost and Found; Harvard University Press) En 2011 tomou parte nunha serie de televisión, Jamie's Dream School en Channel 4, e en 2012 escribiu e presentou para a BBC Two a serie de televisión en tres partes, Meet the Romans with Mary Beard, que relata como vivía a xente común en Roma, a «primeira metrópole global do mundo». Beard é unha colaboradora habitual da serie da BBC Radio 4, A Point of View, coa entrega de ensaios sobre unha ampla gama de temas, incluíndo Miss World e a Oxbridge Interview.
Beard recibiu considerables ciberacosos despois de que aparecese en xaneiro de 2013 no programa da BBC Question Time dende Lincolnshire, e se expresase positivamente sobre os traballadores inmigrantes que vivían no condado."Cambridge professor under fire for Boston immigration comments on BBC Question Time", Boston Standard, 21 de xaneiro de 2013 Beard citou os comentarios abusivos que recibira no seu blog como resultado desas opinións, e reafirmou o seu dereito a expresar opinións impopulares e presentarse en público nunha maneira auténtica. O 4 de agosto de 2013, recibiu unha ameaza de bomba en Twitter; horas despois os directores no Reino Unido da rede social condenaron que as mulleres experimentasen abusos no seu servizo. Beard dixo que non cría que estivese en perigo físico, pero o consideraba acoso e quería "asegurarse" de que este asunto fose coñecido pola policía.
En abril de 2013, foi nomeada profesora de literatura antiga da Royal Academy of Arts."Mary Beard named as Royal Academy of Arts professor of ancient literature" , The Independent, 10 de abril de 2013 O seu Confronting the Classics: Traditions, Adventures and Innovations, dese ano, é unha revisión documentada de como se emprega e se cuestiona a tradición clásica; o libro está constituído por capítulos-recensións baseados en lecturas de estudos recentemente publicados.
En decembro de 2015 foi de novo un dos membros do xurado da BBC Question Time dende Bath. En marzo de 2016 Beard presentou o programa da BBC Pompeii: New Secrets Revealed with Mary Beard.
Aproximación académica Segundo Clifford Ando, outro experto en estudos clásicos da Universidade de Chicago, Beard caracterízase por dous aspectos do seu achegamento ás fontes: ela insiste en que as fontes antigas deben entenderse como documentación das actitudes, o contexto e as crenzas dos seus autores, non como fontes fiables dos eventos que mencionan, e en segundo lugar, sostén que as historias modernas de Roma deben contextualizarse coas actitudes, as visións do mundo e os propósitos dos seus autores.
Vida privada Beard casou con Robin Cormack, clasicista e historiador da arte, en 1985. A súa filla Zoe é historiadora do Sudán do Sur e o seu fillo Raphael é un estudoso da literatura exipcia.
En 2000, Beard revelou nun artigo no que trataba dun libro sobre a violación que ela tamén fora violada en 1978. O seu blog, A Don's Life, logrou arredor de 40 000 visitas ese día, segundo The Independent (2013).
En agosto de 2014, Beard foi unha das 200 figuras públicas que asinaron unha carta a The Guardian expresando a súa esperanza de que Escocia votase para permanecer como parte do Reino Unido no referendo convocado para setembro. En xullo de 2015, Beard apoiou a campaña de Jeremy Corbyn como líder do Partido Laborista. Ela dixo "Se eu fose membro do Partido Laborista, votaría por Corbyn. El realmente parece ter compromisos ideolóxicos, que poderían levar a pensar o Partido Laborista sobre que apoia realmente".Orixinal en inglés: "If I were a member of the Labour Party, I would vote for Corbyn. He actually seems to have some ideological commitment, which could get the Labour Party to think about what it actually stands for".
Libros Rome in the Late Republic (con Michael Crawford, 1985, revisado en 1999); ISBN 0-7156-2928-X The Good Working Mother's Guide (1989); ISBN 0-7156-2278-1 Pagan Priests: Religion and Power in the Ancient World (como editora con John North, 1990); ISBN 0-7156-2206-4 Classics: A Very Short Introduction (con John Henderson, 1995); ISBN 0-19-285313-9 Religions of Rome (con John North e Simon Price, 1998); ISBN 0-521-30401-6 (vol. 1), ISBN 0-521-45015-2 (vol. 2) The Invention of Jane Harrison (Harvard University Press, 2000); ISBN 0-674-00212-1 Classical Art from Greece to Rome (con John Henderson, 2001); ISBN 0-19-284237-4 The Parthenon (Harvard University Press, 2002); ISBN 1-86197-292-X The Colosseum (con Keith Hopkins, Harvard University Press, 2005); ISBN 1-86197-407-8 The Roman Triumph (Harvard University Press, 2007); ISBN 0-674-02613-6 Pompeii: The Life of a Roman Town (2008); ISBN 1-86197-516-3 Confronting the Classics: Traditions, Adventures and Innovations (Profile Books, 2013); ISBN 1-78125-048-0 Laughter in Ancient Rome: On Joking, Tickling, and Cracking Up (University of California Press, 2014); ISBN 0-520-27716-3 SPQR: A History of Ancient Rome (Profile Books, 2016); ISBN 9780871404237 Mulleres e poder (Profile Books, 2017 / Liveright Publishing, 2017); Civilisations: How Do We Look / The Eye of Faith (Profile Books, 2018);
Recoñecementos Oficial da Orde do Imperio Británico (OBE) en 2013 polos "servizos aos estudos clásicos"London Gazette, 29 de decembro de 2012 Membro da Society of Antiquaries of London (2005) Candidata ao National Book Critics Circle Award (Crítica) por Confronting the Classics (2013) Medalla Bodley (2016) Premio de Historia Wolfson (2009) Premio Princesa de Asturias de Ciencias Sociais (2016), "pola súa sobresaliente contribución ao estudo da cultura, da política e da sociedade da antigüidade grecolatina". Doutoramento Honoris causa da Universidade Carlos III de Madrid en 2017 Doutoramento Honoris causa da Universidade de Santiago de Compostela en 2022
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Mary Beard profile, classics.cam.ac.uk Mary Beard's blog, A Don's Life Debretts People of Today Lo que Mary Beard nos enseñó sobre la misoginia clásica (y la actual), El Diario, 25 de maio de 2016
Debretts People of Today Concha Barrigós, Mary Beard: Ninguno querríamos estar vivos en la Roma antigua, sitio dixital Yahoo Noticias, 5 de outubro de 2016
Categoría:Nados en Shropshire Categoría:Nados en 1955 Categoría:Profesores da Universidade de Cambridge Categoría:Membros da Sociedade de Anticuarios de Londres Categoría:Escritores de Inglaterra Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Ensaístas Categoría:Premios Princesa de Asturias de Ciencias Sociais Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela