San José del Guaviare é un concello colombiano, capital do departamento de Guaviare. Comezou a formarse en 1960, vinculado ás actividades colonizadoras da rexión selvática e como núcleo de apoio ás mesmas. En 1976, recibiu o status de concello e o seu crecemento demográfico, dende entón, proxectouse rapidamente. O departamento foi marcado pola violencia e os cultivos ilícitos en Colombia, pero os esforzos do goberno colombiano permitiron que os seus habitantes se concentren cada vez máis en actividades agrícolas e pecuarias.
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Cidades de Colombia Categoría:Concellos de Guaviare