Varlaam Sheptytskyi (en ; en ), nado como Vasyl Sheptytskyi (en ; en ) o 3 de febreiro de 1647 en Voshchantsi (hoxe Ucraína) e finado o 5 de abril de 1715, foi un eclesiástico greco-católico, bispo de Lviv dende 1710 até o seu pasamento. Traxectoria Vasyl Sheptytskyi naceu o 3 de febreiro de 1647 en Voshchantsi, fillo de Oleksandr Zakharii Sheptytskyi e de Eva, de apelido de solteira Litynskyi. Foi educado nunha escola católica, e en 1664 entrou no skit de Maniava onde foi tonsurado monxe e tomou o nome de Varlaam. O 26 de febreiro de 1668 foi elixido arquimandrita do mosteiro de Univ, e dita elección foi aprobada polo rei Xoán II Casimiro o 19 de marzo. En 1701 foi abade do mosteiro de Vitsyn. Foi amigo do voivoda Adam Mikołaj Sieniawski.
Xunto ao bispo Yosyf Shumlianskyi participou activamente a prol da Unión de Brest na eparquía de Lviv. Tomou parte no coloquio de Lublin de 1680, e o 26 de marzo de 1681 fixo unha confesión de fe católica xunto con outros sacerdotes no Sejm.
Foi elixido bispo de Lviv o 21 de xaneiro de 1710, e o 15 de xuño foi consagrado polo metropolita Yurii Vynnytskyi. Finou o 5 de abril de 1715 e foi enterrado na catedral de san Xurxo de Lviv.
Notas
Categoría:Nados en 1647 Categoría:Nados no distrito de Sambir, rexión de Lviv Categoría:Relixiosos católicos de Ucraína Categoría:Bispos católicos de Ucraína Categoría:Bispos católicos do século XVII Categoría:Bispos católicos do século XVIII Categoría:Bispos da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Finados en 1715