Raquel Castro Martínez, nada en Alxén (Salvaterra de Miño) en 1971, é unha profesora e escritora galega de literatura infantil e xuvenil.

Traxectoria Licenciada en Filoloxía galego-portuguesa e Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela, é profesora de Lingua Galega e Literatura en educación secundaria. En 1999 fundou a Asociación Teatral de Alxén da que é presidenta e comezou a dirixir o grupo de teatro Ata Sempre de Alxén de dita asociación. Escribe as pezas dos dous grupos que pertencen á asociación, infantil e adultos. Tamén escribiu pezas para o grupo de teatro do CEP Carlos Casares de Alxén. Foi secretaria da Asociación Cultural e Folclórica Os do Eido de Alxén e da Escola de Xadrez de Salvaterra de Miño.

No IES Ribeira do Louro, onde traballa, coordina o Premio Roberto Vidal Bolaño de Teatro que se convoca en colaboración coa Editorial Galaxia e o Concello do Porriño. Neste mesmo centro dirixe un grupo de teatro de alumnos e alumnas da ESO.

Obra

Infanto xuvenil Bestiario doméstico (2017). Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-9151-064-2. 128 páxs.Recensión de Bestiario Doméstico en Galix. N° atómico 74 (2017). Silleda: Fervenza. 102 páxs. ISBN 978-84-17094-03-4. Ilustracións de Xosé Ceferino Castro. Dormente (2021). Vigo: Galaxia. 176 páxs. ISBN 978-84-9151-584-5. Ilustracións de Laura Veleiro. Planeta Bugallo (2022). Vigo: Galaxia. 116 páxs. ISBN 978-84-9151-899-0. Ilustracións de Blanca Millán. Sobremesas sobre versos (2023) Vigo: Editorial Galaxia. 160 páxs. ISBN 978-84-1176-145-1. Ilustracións de Diana Pastoriza. Bonecas (2025). Vigo: Galaxia, Col. Árbore. 124 páxs. ISBN 978-84-1176-377-6. Ilustracións de Comerevi. Teatro infantil.

Teatro A meiga e o emperador (2015). Silleda: Fervenza. 24 páxs. ISBN 978-84-944750-3-0. Ilustracións de Alfredo Pérez. A vendedora de palabras (2015). Silleda: Fervenza. 24 páxs. ISBN 978-84-944750-4-7. Ilustracións de Xeila Farrapeira. As terapias da doutora Ledicia (2016). Vigo: Galaxia. Ilustracións de Almudena Aparicio. 68 páxs. ISBN 978-84-9865-671-8. A Carapuchiña pasa da carapucha vermella (2017). Fervenza. 24 páxs. ISBN 978-84-17094-04-1. Ilustracións de Iria Vaqueiro. A princesa e o labrego (2017). Silleda: Fervenza. 24 páxs. ISBN 978-84-17094-05-8. Ilustracións de Iria Vaqueiro. A formiga fóra do carreiro (2018). Vigo: Ed. Galaxia, Árbore. 128 páxs. ISBN 978-84-9151-198-4. Dormente (2021). Vigo: Ed. Galaxia, Árbore. 176 páxs. ISBN 978-84-9151-584-5. Ilustracións de Laura Veleiro. Planeta Bugallo (2022). Vigo: Ed. Galaxia, Árbore. 116 páxs. ISBN 978-84-9151-899-0. Ilustracións de Blanca Millán. Urraca (2024), Revista Madrygal, https://revistas.ucm.es/index.php/MADR/article/view/104598 Bonecas (2025) Vigo: Ed. Galaxia, Árbore. Ilustracións Eva Agra.

Obra colectiva

O teleclú (2017). Fervenza. Catro monólogos teatrais. DramaturGA 20, 11 textos breves (2020). Ed. Invasoras O libro da música (2021). Galaxia. Cartoturxia incompleta da represión (2022). Ed. Invasoras. O libro da rosa (2022). Galaxia. VI Torneo de dramaturxia de Galicia (2022) Edicións Positivas Prestige. 20 voces x 20 anos (2022) Galaxia Antes molabamos máis (20 anos do Reizentolo). Galaxia (2023)

Recoñecementos 1997: Premio de relato curto Francisco Fernández del Riego co relato "Pensamentos" 2014: Premio de Honra no premio Estornela de Teatro por As terapias da doutora Ledicia. 2014: Premio Igualando a lingua de relato curto do Concello de Cee co relato Un café só 2017: As terapias da doutora Ledicia, finalista como Mellor obra de teatro en galego do 2016 na Gala do libro galego. 2018: A formiga fóra do carreiro, 2º Mellor libro de teatro en galego, en Fervenzas Literarias. 2019: A formiga fóra do carreiro, finalista na Gala do libro galego 2019 na categoría de Teatro. 2021: A formiga fóra do carreiro, lista OEPLI 2019. 2021: Dormente, lista OEPLI 2021. 2022: Planeta Bugallo, lista OEPLI 2022. 2022: Xa están aquí!, Texto gañador do VI Torneo de Dramaturxia da MITCF de Cangas. 2022: Sobremesas sobre versos, Premio Simbad de Literatura infantil para o Recordo e o Alzheimer. 2024: Bonecas (Xoguetes e binquedos), Premio O Facho de Teatro. 2026: Perdendo o norte, gañadora da quinta edición do Premio Anisia Miranda de teatro para a infancia que convoca a Fundación Xosé Neira Vilas en colaboración coa Dirección Xeral de Cultura da Xunta. 2026: Selenitas, Premio Begoña Muñoz de Teatro que convoca o IES Otero Pedrayo de Ourense.

Notas

Categoría:Nados en Salvaterra de Miño Categoría:Nados en 1971 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela