O voo 256 de Intercontinental de Aviación era un servizo regular dende o aeroporto El Dorado, en Bogotá ata o aeroporto Rafael Núñez, en Cartaxena de Indias. O voo estaba programado para saír ás 12:10, pero atrasouse debido a un fallo no anterior voo. O voo finalmente engalou ás 18:45. Durante a aproximación a Cartaxena de Indias o avión pasou polos 20 000 pés (6 100 m) ás 19:33. O derradeiro contacto de radio ocorreu cando o voo foi autorizado a baixar aos 8 000 pés (2 400 m). O aparello impactou contra o chan nunha lagoa pantanosa próxima a María La Baja, a 56 km do aeroporto de Cartaxena. A causa probable do accidente foi un axuste incorrecto do altímetro. O altímetro número 1 indicaba 16 200 pés (4 900 m) no impacto.

Notas

Intercontinental de Aviación 0256 Intercontinental de Aviación Intercontinental de Aviación