Felis nigripes é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos félidos, subfamilia dos felinos e tribo dos felininos, pertencente ao xénero Felis.Sliwa, A., Wilson, B., Küsters, M. & Tordiffe, A. (2016): Black-footed Cat Felis nigripes na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 16 de decembro de 2018.Felis nigripes Burchell, 1824 en MSW.Felis nigripes Burchell, 1824 no ITIS.

É un pequeno felino que vive no suroeste de África, concretamente en Botswana, Namibia e a República Surafricana.

É solitario e non se habitúa ben a condicións de catividade. Emite uns ruxidos roucos similares aos do león, pero de menor potencia. Esta cualidae é común nos felinos que viven en paraxes de grandes espazos descubertos, como o gato das areas, o Otocolobus manul, o león e, en menor medida, o gato salvaxe africano, e que precisan facer chegar os seus seus gritos o máis lonxe posíbel.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1824 polo naturalista e explorador británico William John Burchell, en Travels Interior of Southern Africa, 2: 592.

Etimoloxía Para o xénero, véxase Felis.

O epíteto específico, nigripes, é un termo do latín científico formado pola raíz nigri-, do adxectivo latino niger, -gra, -grum, 'negro' e o elemento -pes, do substantivo latino pēs, pedis, 'pata de animal', en alusión á cor os seus pés.

Subespecies Dentro desta especie recoñécense as seguintes dúas subespecies: Felis nigripes nigripes Burchell, 1824 en Botswana, Namibia e o nordeste de Suráfrica. Felis nigripes thomasi Shortridge, 1931 no sueste de Suráfrica.

Características Retrato dun Felis nigripes|miniatura|esquerda|250px O Felis nigripes é unha das especies de felinos máis pequenos que existen. Os machos adultos pesan entre 1,9 kg e un máximo de 2,45 kg. As femias adultas pesan entre 1,3 kg e un máximo de 1,65 kg.Sliwa, A. (2004). Home range size and social organization of black-footed cats (Felis nigripes). Mammalian Biology 69 (2): 96–107. Os machos acadan unha lonxitude de entre 36,7 a 43,3 cm e as súas colas de entre 16,4 a 19,8 cm de longo. As femias son máis pequenas cunha lonxitude total de 36,9 cm e colas de 12,6 a 17,0 cm de longo.Smithers, R.H.N. (1983) The mammals of the southern African subregion. University of PretoriaStuart, C.T., Wilson, V.J. (1988) The cats of southern Africa. Chipangali Wildlife Trust, Bulawayo.

Soamente as almofadas e as partes inferiores das patas son de cor negra, o que lle dá ao gato o seu nome. A pelaxe varía entre a cor canela e marrón avermellada, e posúe manchas negras ou marróns que se fusionan para formar aneis nas patas, pescozo e cola. Porén, a pel é de cor rosa sen pigmentar, a diferenza da doutros gatos manchados.Pollard, Michael (2003). The encyclopedia of the cat. Barnes and Noble Books. p. 369. ISBN 978-0-7607-3459-9.

Bioloxía miniatura|240px|Macho adulto sentado nun xardín.

Hábitat e distribución O gato de pés negro vive en zonas secas como sabanas, pasteiros e zonas semidesérticas con arbustos e árbores, en altitudes de até os 2000 m.

Endémico da África austral, habita en zonas secas, por onde está amplamente distríbuido, pero con pouca densidade de poboación. A súa área de distribución abarca desde o sur de Angola e o norte de Botswana, polo norte, até a antiga provincia do Cabo, en Suráfrica, polo sur, comprendendo case toda Botswana e Namibia.

Comportamento É un animal solitario e nocturno, difícil de ver, e aínda máis difícil de capturar debido ao seu reducido tamaño, aos seus costumes nocturnos e á súa propensión a vivir escondido, xa que pasa a maior parte do día no fondo dun tobo, onde se protexe da calor. Pasa o día descansando e sae a cazar despois da posta do sol.Olbricht, G. & Sliwa, A. (1997): "In situ and ex situ observations and management of black-footed cats Felis nigripes". International Zoo Yearbook 35: 81–89.

Alimentación Debido ao seu pequeno tamaño, estes gatos cazan principalmente pequenas presas, como roedores e aves pequenas, aínda que tamén son capaces de cazar avutardas e lebres do Cabo, estas últimas máis pesadas ca el. Os insectos e as arañas reprenentan menos do 1 % da masa das presas consumidas.Sliwa, A. (1994): "Black-footed cat studies in South Africa". Cat News 20: 15–19.Sliwa, A. (2006): "Seasonal and sex-specific prey composition of black-footed cats Felis nigripes". Acta Theriologica 51 (2): 195–204. Son cazadores moi activos, chegando a matar até catorce pequenos animais nunha noite.

Reprodución Os Felis nigripes viven até 10 anos en cativerio. As femias acadan a madureza sexual aos 8 ou 12 meses. A súa época de apareamento dura só un ou dous días, e adoitan aparearse durante unhas horas, o que require localizar a machos rapidamente. Durante este período, a cópula repiítese con frecuencia. A xestación dura 63 a 68 días. Unha camada componse polo xeral de dúas crías, pero pode variar dunha a catro. Os cachorros pesan entre 60 e 84 g ao nacer cegos e indefensos aínda que son quen de arrastrarse despois dunhas poucas horas. Poden camiñar pasadas dúas semanas e comenzan a inxerir alimentos sólidos despois dun mes.Leyhausen, P., Tonkin, B. (1966). Breeding the black-footed cat (Felis nigripes) in captivity. International Zoo Yearbook 6: 178–182

As femias poden ter até dúas camadas durante a primavera, verán e outono e edúcannos en tobeiras, movéndoos a novas localizacións regularmente despois da primeira semana. En xeral, as crías desenvólvense máis axiña que outros gatos dun tamaño semellante para adaptarse rapidamente a unha contorna relativamente hostil. Adoitan independizarse aos cinco meses de idade aínda que poden permanecer dentro do alcance da súa nai.Sunquist, M. & Sunquist, F. (2002): Wild cats of the World. Chicago: University of Chicago Press, pp. 76–82. ISBN 0-2267-7999-8.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África, Barcelona: Ediciones Omega, S. A. Groves, Colin & Peter Grubb (2011): Ungulate Taxonomy. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0093-8. Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. Londres: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-0021-9778-2. Jackson, Peter & Adrienne Farrell Jackson (1996): Les félins, toutes les espèces du monde: París / Lausanne: Delachaux et Niestlé. La bibliothèque du naturaliste. ISBN 2-6030-1019-0. Marion, Rémy; Catherine Marion, Géraldine Véron, Julie Delfour, Cécile Callou & Andy Jennings (2005): Larousse des Félins. París: Larousse. ISBN 2-0356-0453-2. Walker, E. (1975): Mammals of the World. 2 Vols. Sixth edition. Baltimore e Londres: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8. Wilson, Don E. & Reeder, Dee Ann M., eds. (2005): Mammal Species of the World - A Taxonomic and Geographic Reference. 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.

Outros artigos Carnívoros Feliformes Félidos Felinos Felininos Felis

Ligazóns externas Felis nigripes. Black-footed cat na ADW. Felis nigripes Burchell 1824 na EOL. Black-footed cat (Felis nigripes) en ARKive.

Categoría:Felis Categoría:Mamíferos de África Categoría:Animais descritos en 1824