O voo 189 de Air Canada era un servizo entre Ottawa e Vancouver con escalas en Toronto e Winnipeg. O día 26 de xuño de 1978 o McDonnell Douglas DC-9-32 que operaba a ruta esnafrouse ao engalar de Toronto matando a dous pasaxeiros.
Accidente
Durante a engalaxe, ás 8:15 a.m., un dos pneumáticos do McDonnell Douglas DC-9-32 rebentou e desintegrouse parcialmente, disparando anacos de caucho ao mecanismo do tren de aterraxe.Palango, Paul (26 de xuño de 1978). "2 killed, 105 hurt in DC-9 crash". The Globe and Mail. Toronto. p. 1 Isto activou unha advertencia de "tren de aterraxe non segura", levando ao piloto a abortar a engalaxe.Canadian Press (28 de marzo de 1979). "Jet's crash traced to 4-second delay in use of full brakes". The Globe and Mail. Toronto. pp. 1-2 Porén, o avión xa percorrera dous terzos da lonxitude da pista 23L e ía a unha velocidade de 154 nós (285 km/h).Graham, Bob (28 de marzo de 1979). "4-second delay cost two lives report finds". The Toronto Star. Toronto. pp. A1-A2 Non foi capaz de parar antes do final da pista e afundiuse no bordo dun terraplén a unha velocidade de 60 nós (110 km/h), acabando finalmente no barranco Etobicoke Creek.Furness, Richard (7 de outubro de 1978). "Extend runway over creek, air crash jury urges". The Globe and Mail. Toronto. pp. 1-2 A aparello rompeu en tres partes, pero a pesar de estar cargado de combustible non se incendiou. O accidente foi visible dende a autoestrada Highway 401, que vai polo lado sur do aeroporto.
O avión quedou esnaquizado e dous pasaxeiros morreron. Ámbolos dous estaban sentados na parte dianteira que se separou da fuselaxe. Os 105 pasaxeiros e tripulantes restantes resultaron feridos.
Investigación A posterior investigación atopou múltiples causas do accidente. Recomendou un maior escrutinio aos pneumáticos. O piloto, Reginald W. Stewart, atrasouse catro segundos despois de que a luz de advertencia se acendese antes de elixir abortar a engalaxe; unha decisión máis inmediata podería evitar o accidente. Os investigadores tamén criticaron o nivel de adestramento nunha freada de emerxencia. Tamén se cuestionou a presenza do terraplén ao final da pista, pero non se fixo nada. Este fallo de non expandir a zona final da pista púxose de relevo novamente cando o voo 358 de Air France se afundiu no mesmo terraplén 27 anos despois.Priest, Lisa (3 de agosto de 2005). "Takeoffs and landings always pose risk of calamity, as history shows". The Globe and Mail. Toronto. p. A11
Notas
Air Canada 0189 Air Canada Categoría:Accidentes e incidentes aéreos en 1978