Bronisław Biernacki (en polaco; en , "Bronislav Bernatskyi"), nado en Murafa (R.S.S. de Ucraína) o 30 de setembro de 1944 e finado en Vinnytsia o 12 de novembro de 2024, foi un eclesiástico católico latino, dende 2002 ata 2020 bispo de Odesa-Simferopol.

Traxectoria Foi ordenado sacerdote o 28 de maio de 1972 en Riga polo cardeal Julijans Vaivods, e posteriormente exerceu como párroco en Bar.

O 4 de maio de 2002 foi nomeado bispo da nova diocese de Odesa-Simferopol. Recibiu a consagración episcopal o 4 de xullo de 2002 de mans do cardeal Jaworski, e tivo como co-consagrantes ao bispo emérito de Kamianets-Podilskyi Jan Olszański e ao nuncio Nikola Eterović.

O 1 de decembro de 2018 foi elixido presidente da Conferencia dos Bispos Católicos Latinos de Ucraína.

Notas

Categoría:Nados en 1944 Categoría:Nados en Murafa, distrito de Sharhorod Categoría:Bispos católicos de Ucraína Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos do século XXI Categoría:Finados en 2024