Danny Granger Jr., nado o 20 de abril de 1983 en Nova Orleáns, Luisiana, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que xogou dez tempadas na National Basketball Association (NBA). Mide 2,06 m e xogaba na posición de ala.

Traxectoria profesional Granger foi elixido na 17ª posición do Draft da NBA de 2005 polos Indiana Pacers. Na súa primeira tempada na NBA, foi incluído no segundo mellor equipo de rookies na tempada 2005-06.

O 20 de febreiro de 2014, Granger foi traspasado xunto unha elección da segunda rolda do Draft de 2015 ós Philadelphia 76ers, a cambio de Evan Turner e Lavoy Allen. O 26 de febreiro foi cortado polos Sixers, e dous días máis tarde asinou cos Los Angeles Clippers.

O 14 de xullo de 2014, Granger asinou cos Miami Heat. O 19 de febreiro de 2015, Granger foi traspasado ós Phoenix Suns nun traspaso entre tres equipos que tamén incluía ós New Orleans Pelicans. Debido a problemas nun xeonllo, non chegou a xogar cos Suns na tempada 2014-15.

O 9 de xullo de 2015, Granger foi traspasado ós Detroit Pistons xunto a Reggie Bullock e Marcus Morris, a cambio dunha elección da segunda rolda do Draft de 2020. O 26 de outubro de 2015, foi cortado polos Pistons.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1983 Categoría:Nados en Nova Orleáns, Luisiana Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Miami Heat