A guerra civil finlandesa foi un conflito polo liderado e control de Finlandia durante o período de transición que viviu o país desde que deixou de ser un Gran Ducado do Imperio ruso para converterse nun estado independente. O enfrontamento tivo lugar no contexto da axitación nacional, política e social causada pola primeira guerra mundial e a revolución rusa de 1917. Dun lado se encontraban as forzas socialdemócratas, dirixidas pola delegación popular de Finlandia, comunmente coñecidos como «vermellos» (punaiset). Doutro lado se encontraban as forzas do senado, controladas desde o outono anterior polos conservadores —que pretendían manter o statu quo; é dicir, conservar a independencia e a monarquía constitucional sen parlamentarismo—, popularmente coñecidos como «brancos» (valkoiset). As forzas paramilitares dos Gardas Vermellos, compostas por traballadores industriais e agrarios, controlaron as cidades e os centros industriais do sur de Finlandia. Pola súa banda, as forzas dos Gardas Brancos, compostas por granxeiros e outros membros das clases sociais media e alta, controlaban o rural no centro e norte do país.
Nos anos anteriores ao conflito, a sociedade finlandesa experimentara un gran crecemento da poboación, unido a industrialización, pre-urbanización e o incremento dun exhaustivo movemento obreiro. Os sistemas políticos e gobernamentais do país estaban aínda nunha fase inestable de modernización e democratización. As condicións socioeconómicas e de educación na poboación melloraban de xeito gradual, así como o pensamento nacional e a vida cultural espertaron.
A primeira guerra mundial deu lugar ao colapso do Imperio ruso, provocando un baleiro de poder no Gran Ducado de Finlandia. A subsecuente loita polo poder levou á militarización e escalada da crise entre o movemento obreiro de esquerdas e os conservadores. Os Vermellos levaron a cabo sen éxito unha ofensiva en febreiro de 1918, co apoio da Rusia soviética. A contraofensiva dos Brancos comezou en marzo, recibindo o apoio militar do imperio alemán desde abril. Os enfrontamentos decisivos foron as batallas de Tampere e Viborg (; ), gañadas polos Brancos, e as batallas de Helsinqui e Lahti, gañada polas tropas alemás, o que deu lugar a vitoria dos Brancos e as forzas alemás na contenda. A violencia política tamén formou parte do enfrontamento. Arredor de 12 500 prisioneiros de guerra Vermellos morreron de desnutrición e enfermidades nos campos de prisioneiros. Arredor de 39 000 persoas, das cales 36 000 eran finlandeses, morreron no conflito.
Finlandia pasou de estar na esfera de influencia rusa á alemá. O senado conservador intentou establecer unha monarquía finlandesa, cun rei alemán: o príncipe Frederico Carlos de Hesse-Kassel, pero, tras a derrota alemá na Gran Guerra, Finlandia emerxeu como unha república democrática independente., , , ,
A guerra civil segue sendo o evento máis controvertido e emocional na historia da Finlandia moderna, e existiron disputas sobre o nome que debía dárselle ao conflito., , Desarticulou a economía finlandesa e dividiu o aparato político e á nación finlandesa durante moitos anos, aínda que finalmente se logrou chegar á cohesión a través de compromisos sociais baseados na moderación política e relixiosa, así como grazas á recuperación económica que viviu o país tras a posguerra.
Antecedentes esquerda|miniatura|Un mapa do Gran Ducado de Finlandia en 1825. Os textos están en ruso e sueco. Políticas internacionais O principal factor detrás da guerra civil finlandesa foi a crise xurdida como consecuencia da primeira guerra mundial. Baixo a presión da Gran Guerra, o imperio ruso colapsou, dando lugar ás Revolucións de Febreiro e Outubro de 1917. Isto provocou un baleiro de poder e a subsecuente loita polo poder na Europa Oriental. O Gran Ducado de Finlandia, que pertencera ao Imperio ruso entre 1809 e 1917, quedou inmerso nese caos. Con menor importancia xeopolítica que a ruta Moscova-Varsovia, Finlandia, illada polo mar Báltico foi un lugar relativamente tranquilo ata comezos de 1918. A guerra entre o imperio alemán e Rusia tan só tivera efectos indirectos sobre o pobo finlandés. Desde finais do século XIX, o Gran Ducado convertérase nunha importante fonte de materias primas, produtos industriais, comida e man de obra para a crecente capital imperial rusa, San Petersburgo, e a primeira guerra mundial resaltou ese papel. Estratexicamente, o territorio finlandés era a parte de menor importancia da entrada estoniano-finlandesa e zona de amortecemento para e de San Petersburgo a través da área de Narva, o golfo de Finlandia e o istmo de Carelia., , , ,
O imperio alemán vía a Europa oriental, e principalmente a Rusia, como unha gran fonte de materias primas e produtos vitais, tanto durante a primeira guerra mundial como no futuro. Alemaña estaba explotando os seus recursos ao máximo nunha guerra con dúas frontes, e tratou de dividir a Rusia dando apoio financeiro aos grupos revolucionarios, como os bolxeviques e o Partido Social-Revolucionario, e as faccións radicais e separatistas, como o movemento activista nacional finlandés de tendencia pro-xermánica. Empregáronse entre 30 e 40 millóns de marcos neste obxectivo. O control da área finlandesa permitiría ao exército imperial alemán penetrar en Rusia ata Petrogrado e a península de Kola, unha rexión rica en materias primas para a industria mineira. Finlandia posuía grandes reservas de minerais e unha industria forestal ben desenvolvida., , , , , , , ,
Entre 1809 e 1898, no período coñecido como Pax Russica, a autoridade periférica dos finlandeses aumentou gradualmente, e as relacións ruso-finlandesas foron excepcionalmente pacíficas en comparación con outras partes do Imperio ruso. A derrota de Rusia na guerra de Crimea na década de 1850, deu lugar a varios intentos de acelerar a modernización do país. Isto causou máis de 50 anos de progreso económico, industrial, cultural e educativo no Gran Ducado de Finlandia, incluíndo unha mellora no status da lingua finesa. Todo isto estimulou o nacionalismo finlandés e a unidade cultural a través da creación do movemento Fennoman, que limitaba aos finlandeses á administración local e deu lugar á idea de que o Gran Ducado era un estado cada vez máis autónomo no Imperio ruso., , , , , , ,
En 1899, o Imperio ruso comezou unha política de integración a través da rusificación de Finlandia. O fortalecido poder central pan-eslavista tratou de unificar a "Unión Dinástica Multinacional rusa" a medida que a situación estratéxica e militar de Rusia se vía en maior perigo debido ao crecemento de Alemaña e o Xapón. Os finlandeses chamaron a este período de maior control militar e administrativo como "o primeiro período da opresión" e, por primeira vez, os políticos finlandeses deseñaron plantes para a desconexión con Rusia ou a soberanía para Finlandia. Na loita en contra da integración, activistas de varias seccións da clase obreira e a intelligentsia sueco-falante levaron a cabo varios actos terroristas. Durante a primeira guerra mundial e o aumento do xermanismo, os pro-suecos, coñecidos como Svecomans, comezaron a súa colaboración encuberta coa Alemaña imperial e, desde 1915 ata 1917, un batallón Jäger formado por 1 900 voluntarios finlandeses recibiu adestramento en Alemaña., , , , , , , , ,
Políticas domésticas Entre as principais razóns do incremento das tensións políticas entre os finlandeses estaban o goberno autocrático do tsar de Rusia e o sistema de clases non democrático dos estamentos. O sistema estamental orixinouse baixo o réxime do imperio sueco que gobernou sobre Finlandia antes da conquista por parte de Rusia e dividía á poboación economicamente, socialmente e politicamente. A poboación finlandesa creceu rapidamente durante o século XIX (dos 860 000 habitantes en 1810 aos 3 130 000 en 1917), e xurdiu unha nova clase de traballadores agrarios e industriais, así como de pequenos granxeiros, durante este período. A revolución industrial foi rápida en Finlandia, a pesar de comezar despois que no resto da Europa Occidental. A industrialización financiouse polo estado e diminuíronse algúns dos problemas asociados co proceso industrial con accións administrativas. Entre os traballadores urbanos, os problemas socio-económicos incrementaron durante os períodos de depresión industrial. A posición dos traballadores rurais empeorou tras o final do século XIX, a medida que as granxas eran máis eficientes e orientadas ao mercado e o desenvolvemento da industria non tiña a suficiente forza para utilizar o rápido crecemento de poboación do campo.Durante séculos, a área xeográfica dos finlandeses foi unha parte firme do desenvolvemento sueco como un grande imperio nórdico. Coa excepción da lingua (o territorio finlandés pasou a ser bilingüe), a cultura da xente non difería substancialmente entre as partes orientais e occidentais de Suecia, dominadas pola administración sueca e a común Igrexa Luterana., ,, , ,
A diferenza entre as culturas escandinavo-finlandesa, propia dos pobos fino-úgricos, e a ruso-eslava afectou á natureza da integración nacional finlandesa. Os estratos sociais máis altos tomaron o liderado e obtiveron autoridade nos asuntos domésticos de mans do tsar de Rusia en 1809. Os estamentos planificaron a construción dun estado finlandés cada vez máis autónomo, dirixido pola elite e a intelligentsia. O movemento Fennoman aspiraba a incluír as persoas comúns nun papel non político; o movemento obreiro, as asociacións xuvenís e o movemento de temperanza estaban dirixidos inicialmente "desde arriba".En contraste cos desenvolvementos na Europa central e Rusia, as políticas do réxime sueco non resultaron nunha autoridade económica, política e social das clases altas baseadas nas propiedades feudais e no capital. O campesiñado gozou dunha relativa liberdade, sen tradición de servidume, e o poderío dos estamentos preeminentes estaba delimitado pola interacción entre a formación do estado e a industrialización. A industria forestal foi un sector vital para Finlandia e os campesiños posuían a maior parte dos terreos forestais. Estas consideracións económicas deron lugar ao nacemento da Fennomania entre as clases altas sueco falantes., , , ,
Entre 1870 e 1916 a industrialización mellorou gradualmente as condicións sociais e a confianza dos traballadores. Porén, mentres que o nivel de vida da maioría da poboación mellorou en termos absolutos, a brecha entre ricos e pobres aumentou considerablemente. Os estratos sociais máis baixos comezaron a preocuparse pola situación socio-económica e as cuestións políticas, comezando a interactuar coas ideas do socialismo, o socioliberalismo e o nacionalismo. As iniciativas dos traballadores e as respostas das autoridades intensificaron o conflito social en Finlandia., , , , , miniatura|esquerda|250px|Tampere en 2015. A cidade foi un dos centros ideolóxicos da folga xeral 1905 e un dos baluartes estratéxicos da guerra civil finlandesa.