O voo 389 de Cubana de Aviación era un voo regular doméstico de pasaxeiros dende o aeroporto Mariscal Sucre de Quito ata o aeroporto Simón Bolívar (no presente aeroporto José Joaquín de Olmedo) en Guayaquil. O 29 de agosto de 1998 o Tupolev Tu-154M que operaba o voo pasouse da pista, esmagando varios edificios e chocando contra un campo de fútbol en Quito mentres engalaba do aeroporto. O avión estoupou e incendiouse morrendo 70 persoas a bordo. 10 persoas en terra tamén morreron no accidente.

O comité de investigación da Dirección Xeral de Aviación Civil ecuatoriana concluíu que o accidente foi causado debido a un fallo mecánico que levou a unha engalaxe abortada. A tripulación esqueceu seleccionar os interruptores das válvulas hidráulicas do sistema de control. Mentres acelaraban para engalar o avión non se levantou. Abortouse a engalaxe e o voo 389 saíuse da pista. É o segundo peor accidente de aviación en Ecuador tras o accidente aéreo de Cuenca dun Boeing 737-200 en 1983.

Notas

Cubana de Aviación 0389 Cubana de Aviación Cubana de Aviación