O voo 112 de Peruvian Airlines era un servizo regular doméstico de pasaxeirosentre Lima e Jauja no Perú. O día 28 de marzo de 2017 o avión que operaba a ruta, un Boeing 737-3M8, sufriu o colapso do tren de aterraxe despois de aterrar, incendiándose. Aínda que non houbo vítimas mortais no accidente, 39 das 150 persoas a bordo resultaron feridas.

Avión O aparello accidentado era un Boeing 737-3M8, con número de serie 25071 e rexistro OB-2036-P. O avión voara por vez primeira en maio de 1991 con Trans European Airways, e despois de operar con varias aeroliñas foi arrendado a Peruvian Airlines en 2013.

Accidente O avión aterrou en Jauja ás 16:40 hora local (21:40 UTC). Os pasaxeiros informados de "dous fortes impactos" na aterraxe. As tres patas do tren de aterraxe colapsaron e avión esvarou ao longo da pista cara a dereita, chocando a á de estribor contra o valado perimetral do aeroporto. Comezou entón un incendio que esnaquizou o avión. Os 141 pasaxeiros e 9 tripulantes escaparon, dos cales 39 resultaron feridos e foron levados ao hospital. Dúas persoas tiveron ósos rotos, e tres tiveron conmocións cerebrais. O accidente foi gravados por varios pasaxeiros a bordo do aparello.

Notas

Peruvian Airlines Categoría:Accidentes e incidentes de Peruvian Airlines Peruvian Airlines Categoría:Accidentes e incidentes aéreos en 2017