Émile Zola, nado en París o 2 de abril de 1840 e finado o 29 de setembro de 1902, foi un novelista francés, principal representante do naturalismo, é un dos novelistas franceses máis populares, o máis publicado, traducido e comentado sobre o mundo. Escribiu numerosas obras que foron adaptadas ao cine e á televisión.

A súa vida e obra foron obxecto de moitos estudos históricos. Na literatura, é coñecido por Les Rougon-Macquart, mural romántico en vinte volumes que representan a sociedade francesa durante o Segundo Imperio e que retrata a traxectoria da familia Rougon-Macquart, a través das súas diversas xeracións e cada unha das cales representa unha era particular e a xeración é obxecto dunha novela.

Traxectoria 250px|miniatura|Émile Zola|esquerda Fillo dun enxeñeiro italiano, pasou a infancia en Aix-en-Provence ata que regresou á capital de Francia ós 18 anos. Fracasou nos estudos e entrou a traballa na librería Hachette como dependente. Nesa época publicou os seus primeiros artigos en varios diarios.

Relacionouse con personalidades coma Gustave Flaubert e Alphonse Daudet e está considerado o líder dos naturalistas.Michel Winock: Émile Zola, Éditions Perrin, París, 2017, ISBN 978-2-262-03607-2. A súa participación na revisión do caso Dreyfus, ao final da súa vida, custoulle o exilio. As campañas de odio antisemita incitan a Émile Zola a favorecer aos xudeus. O seu primeiro artigo publicouse o próximo día en Le Figaro,Le Figaro, 25 de novembro de 1897. seguido de "Le Syndicat" o 1 de decembro e "Procès-verbal" o 5 de decembro. Conclúe coa frase profética, que permaneceu famosa: "A verdade está en movemento e nada vai detela". O verdadeiro traidor no lugar de Alfred Dreyfus, o comandante Walsin Esterhazy, é denunciado e xulgado por un tribunal marcial en París o 10 de xaneiro de 1898. É absolto o día seguinte. Despois da condena dun inocente, é a absolución do culpable, o que trae a Zola á reacción. Esta era extremadamente enérxica o que o levou a escribir o artigo "J'accuse...!" no xornal L'Aurore.L'Aurore, 13 de xaneiro de 1898.

Obras Novelas e novelas curtas

Contes à Ninon, J. Hetzel et A. Lacroix, París, 1864. La confession de Claude, A. Lacroix, Verboeckhoven et Cie, París, 1865. Le vœu d'une morte, A. Faure, París, 1866. Les mystères de Marseille, A. Arnaud, Marseille, 1867. Thérèse Raquin, A. Lacroix, Verboeckhoven et Cie, París, 1867. Traducida ao galego por Isabel Soto, Hugin e Munin, Colección XIX, 2017, ISBN 978-84-945403-0-1. Madeleine Férat, A. Lacroix, Verboeckhoven et Cie, París, 1868. Nouveaux contes à Ninon, Charpentier, París, 1878. Les soirées de Médan (1880; con Maupassant, Huysmans, Léon Hennique, Henri Céard e Paul Alexis, Charpentier, París). Madame Sourdis (1880) Le Capitaine Burle, Charpentier, París, 1882. Naïs Micoulin, Charpentier, París, 1884. A serie dos Rougon-Macquart La Fortune des Rougon, A. Lacroix, Verboeckhoven et Cie, París, 1870. La Curée, A. Lacroix, Verboeckhoven et Cie, París, 1871. Le Ventre de Paris, Charpentier, París, 1873. La Conquête de Plassans, Charpentier, París, 1874. La Faute de l'abbé Mouret, Charpentier, París, 1875. Son Excellence Eugène Rougon, Charpentier, París, 1876. L'Assommoir, Charpentier, París, 1878. Une page d'amour, Charpentier, París, 1878. Nana, Charpentier, París, 1880. Pot-Bouille, Charpentier, París, 1882. O gozo das damas (Au Bonheur des Dames, Charpentier, París, 1883). Tradución de Celia Recarey Rendo (Irmás Cartoné: 2015). La Joie de vivre, Charpentier, París, 1883. Germinal, Charpentier, París, 1883. L'Œuvre, Charpentier, París, 1885. La Terre, Charpentier, París, 1887. Le Rêve, Charpentier, París, 1888. La Bête humaine, Charpentier, París, 1890. L'Argent, Charpentier, París, 1891. La Débâcle, Charpentier et Fasquelle, París, 1892. Le Docteur Pascal, Charpentier et Fasquelle, París, 1893.

Notas

Véxase tamén

Literatura experimental

Categoría:Escritores de Francia Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Finados en 1902 Categoría:Nados en 1840 Categoría:Nados en París Categoría:Novelistas de Francia