O voo 760 de SCAT Airlines era un servizo doméstico regular de pasaxeiros dende Kokshetau ata Almati, en Kazakhstán, que se esnafrou con néboa densa preto de Kyzyltu o día 29 de xaneiro de 2013, matando aos 16 pasaxeiros e 5 tripulantes a bordo.

Accidente O Bombardier CRJ-200ER que operaba o voo estaba na aproximación final ao aeroporto de Almati no medio dunha densa néboa cando se esnafrou a 5 quilómetros da pista, preto da vila de Kyzyltu ás13:13 hora local (07:13 UTC), 14 segundos despois de iniciar un go-around. Os 16 pasaxeiros e 5 tripulantes a bordo morreron.

Investigación Pouco despois do accidente, o Primeiro Ministro Serik Akhmetov estableceu unha comisión encabezada por Bakytzhan Sagintayev, Viceprimeiro Ministro de Kazakhstán, para investigar a causa do sinistro.

Maulen Mukashev, o tenente de alcalde de Almati, visitou o lugar do accidente e díxolle aos xornalistas que a causa preliminar do accidente era o mal tempo. Mukashev tamén engadiu: "Non quedou intacta ningunha parte do avión despois de que caíse".

O 2 de marzo de 2015 o Comité Interestatal de Aviación publicou o seu informe final dicindo que durante a aproximación final, debido a que as condicións meteorolóxicas estaban por deibaixo dos mínimos, o elevador desviouse para baixar o nariz en vez de subila levando ao aparello a unha caída abrupta e ao impacto contra o chan. A investigación foi incapaz de determinar a causa do movemento do elevador pero non atopou ningunha proba do mal funcionamento de calquera sistema ou de influencias externas.

Notas

Categoría:Accidentes aéreos en Kazakhstán Categoría:Accidentes e incidentes de SCAT Airlines Categoría:Accidentes e incidentes de Bombardier CRJ200 Categoría:Accidentes e incidentes aéreos en 2013