Emilio Golás Rodríguez, coñecido como Villa, nado en Paradela en 1908 e finado en Lugo o 30 de novembro de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Garda municipal en Sarria. Foi detido en outubro de 1934 con Vicente Páramo Losada, Pedro García Arcas, Antonio Rodríguez Castro, Antonio Sanmartín López, Manuel Durán Fernández, Julio Páramo Sánchez e Felipe Rodríguez García, acusados de confeccionar e repartir follas subversivas incitando á revolución.El Pueblo Gallego, 28-10-1934, p. 12. Foi secretario da Agrupación Socialista Obrera constituída en Sarria o 1 de abril de 1936 vinculada ao PSOE.Días de luto antes de la guerra. La sublevación militar de Sarria y comarca en 1936 (II) Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o día 20. Xulgado en Lugo por traizón en consello de guerra o 28 de agosto xunto con Julio Páramo Sánchez, Vicente Páramo Losada, Claudio Garrido Lago e Manuel Montero Montero,El Pueblo Gallego, 29-8-1936, p. 5. foi condenado a cadea perpetua. Cumpriu condena na Prisión Provincial da Coruña de onde saíu en liberdade condicional en xuño de 1942.BOE, 6-7-1941, p. 5028-5029.

Despois foi militante do PCE. Desenvolveu un traballo de expasión e organización do partido en Galicia. Mantivo contactos coa guerrilla lucense de Xosé Castro Veiga. Foi membro do Comité Provincial do PCE de Lugo, xunto a Julio Nieto López e Enriqueta Otero, con tarefas de propaganda e axitación. Conseguiu facerse cunha caixa de clixés do Goberno Civil de Lugo e editou un boletín da Unión Nacional nunha rudimentaria multicopista. Pasou ao monte o 23 de xaneiro de 1946, ante as caídas de febreiro de 1946. Participou con Ramón Rodríguez Varela "Curuxás" nalgunha das xuntanzas que se organizaron na zona de Palas de Rei para intentar organizar a guerrilla. Foi acusado da morte do párroco de Meixente (Sarria) Pedro Páramo Arias o 2 de setembro de 1946, aínda que finalmente foi descartada a acusación. Ocasionalmente acudía á súa casa en Outeiro de Barán, e nunha desas ocasións, o 29 de novembro de 1946, un veciño seu denunciouno á Garda Civil. A forza pública rodeou a casa; ferido no enfrontamento cos gardas xunto coa súa cuñada e o seu sobriño de tres anos, foi finalmete detido. Levárono a Lugo ao día seguinte, onde morreu nas sesións de interrogatorio, aínda que despois foi trasladado ao Hospital Civil de San Xosé. A vinganza do Piloto pola morte do seu amigo foi queimar a casa do delator con el e a súa muller dentro.

Vida persoal

Casou con Carmen López Alvaredo e tivo tres fillos.. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia

Categoría:Nados en Paradela

Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1946 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes