A Reserva do Parque Nacional Nahanni (Nahanni National Park Reserve) na Rexión Dehcho dos Territorios do Noroeste, Canadá, ten aproximadamente 4.766 km² e está a uns 500 km. ao oeste de Yellowknife, protexe unha parte da Rexión Natural das Montañas Mackenzie. A peza central do parque é o Río South Nahanni (Naha Dehé). Catro canóns destacados que alcanzan a profundidade de 1000 m.,,Parks Canada. 2007. South Nahanni River Touring Guide. chamados Primeiro, Segundo, Terceiro e Cuarto Canón, en liña neste espectacular río de augas bravas. O nome Nahanni provén do nome na indíxena lingua Dene para a zona; Nahʔa Dehé, que significa "río da terra do pobo Nahʔa",Parks Canada. 2002. Nahanni National Park Reserve Natural and Cultural Guide to Nahʔa Dehé que algúns especulan agora poden ser os antepasados dos modernos navaghos.
Caracteísticas O parque foi creado en 1976. En 1978 declarouse Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, a súa altitude varía de 180 a 2640 msnm.
O parque está atravesado en todo o seu curso polo río Nahanni Sur, que discorre marcado por catro grandes canóns. Na zona central do parque atópase a maior cascada de América do Norte, Virginia Falls, unha fervenza de 200 metros, o río cae desde unha altura de 92 metros, o dobre das cataratas do Niagara. No centro da fervenza asoma un penedo de orixe glacial, chamado Rocha de Mason en honra de Bill Mason, famoso piragüista, escritor e cineasta canadense. Hai unha proposta para cambiar o nome as fervenzas co nome de Pierre Trudeau, o ex primeiro ministro do Canadá.
A contorna natural do parque está formado por bosques de abetos e chopos, tundra alpina, cordilleiras, augas termais sulfurosas e un sistema de covas cársicas, e é o fogar de moitas especies de peixes, aves e mamíferos.
Hai un centro de visitantes en Fort Simpson, a cidade máis próxima onde se explican a xeografía, a cultura e a historia da rexión.
Os únicos medios prácticos para chegar ao parque son o hidroavión e o helicóptero.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Parks Canada South Nahanni River Canadian Parks and Wilderness Society - Nahanni campaign Northwest Territories Tourism- Nahanni National Park Reserve information
Categoría:Patrimonio da Humanidade no Canadá