O voo 2254 de Atlantic Southeast Airlines era un servizo entre Muscle Shoals, Alabama e Atlanta, Xeorxia, cunha escala en Gadsden, Alabama. O día 9 de abril de 1990 o voo viuse involucrado nunha colisión no aire cunha Cessna 172 sobre Gadsden, resultando na morte do piloto e o pasaxeiros da Cessna 172.

Accidente O voo 2254 de Atlantic Southeast Airlines,Daily News; Kingsport, Tennessee; Commuter Aircraft Collides with Cessna Plane, Two Dead; 11 de abril de 1990 operado cun Embraer EMB 120 Brasilia con rexistro N217AS, de Muscle Shoals, AlabamaCronan, Carl, “Engine Fails on Shoals-bound ASA flight” Times Daily (Florence, AL); 10 de maio de 1991 a Atlanta, Xeorxia, cunha escala no aeroporto rexional Northeast Alabama de Gadsden, Alabama, chocou no aire cunha avioneta Cessna 172 de Civil Air Patrol con rexistro N99501, o 9 de abril de 1990 sobre Gadsden. Tras a saída da pista 24 do aeroporto de Northeast Alabama, o voo de ASA xirou á esquerda cara ao leste na súa ruta a Atlanta a unha altitude asignada de 5 000 pés. A Cessna 172 voaba cara ao oeste á mesma altura, encarada ao sol que se estaba poñendo. Durante a colisión frontal ás 6:05 p.m. CDT, o estabilizador horizontal dereito do Embraer foi arrincado do avión. Aínda que quedou significativamente danado, o avión de ASA puido regresar ao aeroporto sen feridos entre os seus ocupanrtes. A Cessna 172 esnafrouse nun campo, ferindo mortalmente aos seus dous ocupantes. Unha testemuña do accidente non percibiu ningunha manobra evasiva por parte dos avións antes da colisión.

Probable causa A NTSB atribuíu o accidente NTSB to be “unha atención visual inadecuada dos pilotos de ámbalas dúas aeronaves que resultou na súa falta de ver e evitar o tráfico que se achegaba. Un factor relacionado co accidente foi o brillo do sol, que reduciu a visión do piloto da Cessna 172”.

Notas

Categoría:Accidentes aéreos nos Estados Unidos de América Categoría:Accidentes e incidentes de Atlantic Southeast Airlines Categoría:Accidentes e incidentes aéreos en 1990