Isidoro Diéguez Dueñas, nado en Puertollano o 19 de xaneiro de 1909 e finado en Madrid o 21 de xaneiro de 1942, foi un político comunista español.

Traxectoria

Membro do Comité Provincial de Madrid do PCE dende 1936, durante a Guerra Civil participou nas frontes onde se desenvolveu a defensa de Madrid fronte ao avance das tropas do bando sublevado. Chegou a ser membro do Comité Central do PCE. Participou na Junta de Defensa de Madrid como conselleiro suplente. Ao final da guerra fuxiu de Madrid camiño de Valencia, para rematar cruzando en barco a Francia. Pasou pola Unión Soviética e Estados Unidos e rematou en México, arribando a Tamaulipas o 8 de decembro de 1939. O Partido Comunista enviouno de regreso a España para participar na reconstrución interna da formación. Saíu de México destino Lisboa, chegando a Portugal no verán de 1941, en plena segunda guerra mundial. Foi detido pola ditadura portuguesa xunto a outros dirixentes comunistas españois e entregado ás autoridades españolas. Pasou polo cárcere de Porlier en Madrid, foi xulgado en consello de guerra con Jesús Larrañaga, Manuel Asarta Imaz, Jaime Girabau Estévez, Francisco Barreiro Barciela, Eladio Rodríguez González, Jesús Gago Correa e Jacinto Nogueira Nogueira e condenado a morte por "adhesión a la rebelión" e actividades contra a Lei de Seguridade do Estado, xunto con Jesús Larrañaga, Manuel Asarta, Jaime Girabau, Francisco Barreiro e Eladio Rodríguez, sendo fusilados nas inmediacións do Cemiterio de Este dous días despois do xuízo. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en Memoria Pública Большая советская энциклопедия, (referencia en ruso na páxina slovari de Romanía).

Categoría:Políticos do PCE Categoría:Asasinados polo bando nacional Categoría:Nados en Puertollano Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1942