O voo 235 de TransAsia Airways era un servizo doméstico que se esnafrou no río Keelung o día 4 de febreiro de 2015, pouco despois de engalar do aeroporto de Taipei Songshan, a 5,4 km ao oeste de Songshan, en Taiwán. O voo de TransAsia Airways, realizado por un ATR 72-600 con só tres meses de idade, operaba un servizo entre Taipei e Kinmen con 53 pasaxeiros e 5 tripulates a bordo. Houbo 15 superviventes.
Dous minutos despois da engalaxe os pilotos informaron da parada dun motor. O voo 235 trepou ata unha altura máxima de 460 metros (1 510 pés), e entón descendeu. O outro motor, que aínda traballaba, foi apagado por un erro. Xusto antes de esnafrarse contra o río, inclinouse de súpeto cara a esquerda e contou a un taxi que ía polo viaduto de Huandong coa súa á esquerda.
O voo 235 foi o segundo accidente con vítimas mortais dun ATR de TransAsia Airways en sete meses: o voo 222 esnafrouse o 23 de xullo de 2014, matando a 48 dos seus 58 ocupantes.
Avión O aparello implicado no accidente era un turbohélice bimotor ATR 72-600 con rexistro B-22816 e número de serie 1141. Voara por vez primeira o 28 de marzo de 2014 e fora entregado a TransAsia Airways o 15 de abril dese ano. O motor Pratt & Whitney Canada PW127M esquerdo fora substituído en agosto de 2014.
Notas
TransAsia Airways 0235 TransAsia Airways TransAsia Airways