Eugenio Bernal Pérez, nado en Madrid o 15 de marzo de 1923 e finado en Montevideo o 1 de novembro de 1986, foi un fotógrafo e guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Aos tres anos a familia trasladouse a Ferrol. Traballou en Astano e fundou, cun compañeiro, os estudos de fotografía Gomber. Compañeiro de Antonio Molins Valls e Leonardo Gómez Pérez, foi detido en Ferrol o 17 de febreiro de 1943 nunha acción da Policía Armada. Antonio e Leonardo lograron fuxir, aínda que Leonardo ferido na cabeza.
En 1953 marchou ao Brasil e tres anos despois trasladouse a Montevideo, onde montou outro estudio de fotografía. Foi presidente da Casa de España e colaborador do diario El Popular. Foi detido pola ditadura o 5 de xullo de 1977 coa acusación de facer fotos de carné,La Voz de Galicia, 13-8-1977, p. 11. estivo tres anos preso. Regresou a Ferrol en 1980 logo de moitas mobilizacións pola súa liberación."Ferrol: El fotógrafo Eugenio Bernal, libre, después de tres años de carcel y torturas en Uruguay", La Voz de Galicia, 12-3-1980, p. 35. A súa familia permanecía no Uruguai, polo que se instalou en Buenos Aires onde se reuniu con eles.
En 1983 detectóuselle un cancro de recto, e déronlle seis meses de vida, aínda así regresou a Montevideo en 1985. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Que los encargados de administrar justicia sean justos, pero severos por Eugenio Bernal.
Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos do Uruguai Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 1986 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes