O apóstolo Santiago o Maior, morto no ano 44, era fillo de Zebedeo e Salomé e irmán de san Xoán o Evanxelista. Discípulo de Xesús, foi un dos Doce Apóstolos ou primeiros seguidores de Cristo. Chámaselle o Maior para distinguilo de Santiago o Menor, outro apóstolo.
Nome O nome de Santiago en latín era Iacobus, unha derivación a través do grego do nome hebreo do patriarca Xacob, e de aí Xacobe (en arameo Yaqob bar Zibhdi, en hebreo עֲקֹב Yahăqōb ben Zebdi e en grego Iάκωβος Iàkovos). É a forma do primeiro romance occidental que daría lugar ao galego e que, debido á súa relevancia relixiosa e política, sería adoptada en todas as linguas romances hispanas. De Xacob xurdirían os nomes de Iago, Xacobe e Xaime, o inglés James e o francés Jacques; e de Sant Iacobus virían Santiago e o portugués Tiago.
Vida miniatura|esquerda|O Apóstolo Santiago na catedral de Compostela. Santiago foi presentado a Xesús, segundo o Evanxeo de Xoán, por Xoán Bautista. Nos evanxeos sinópticosSon chamados así os evanxeos de Marcos, Mateu e Lucas, polas similitudes entre os tres, a diferenza do evanxeo de San Xoán, totalmente diferente. aparece como un pescador no mar de Galilea (ou lago Tiberíades). Procedía das vilas rurais depauperadas de Galilea, foco de rebelión contra Roma (levantamento de Xudas o Galileo, desafíos á autoridade de Poncio Pilatos...) e agardaba a restauración do Reino de Israel. No seu seguimento de Xesús arelaba ocupar un posto relevante, trala liberación dos romanos, o que provocou celos entre os apóstolos e a ensinanza de Xesús verbo de que o que queira ser o primeiro debe ser o servidor de todos (Mc 10, 42-45). Xesús repréndeo polo seu carácter violento e alcúmao con retranca Bonaerxes (fillo do trono):A denominación obedece ó seu carácter impetuoso: cando se lles negou pousada nunha aldea de Samaritanos, Santiago e Xoán propuxeron a Xesús que os consumise co lume dos ceos. Noutra ocasión pedíronlle ocupar un lugar privilexiado xunto a el, á súa dereita e a súa esquerda, no futuro reino que predicaba (Marcos 10:35-45).
Traballaba co seu pai, Zebedeo, e o seu irmán Xoán, que ía ser outro dos apóstolos de Cristo. Dos textos bíblicos dedúcese que os Zebedeo eran socios de Simón, a quen Xesús deu o nome de Pedro, e que tiñan traballadores ao seu cargo.
Non se coñecen o lugar do seu nacemento nin onde vivía. Porén, algúns esexetas da Biblia estiman que sería natural da localidade de Betsaida -dela eran outros pescadores que se unen a Xesús-, hoxe desaparecida e que se adoita situar nas inmediacións do citado lago, no límite entre as rexións setentrionais palestinas de Galilea e Traconítide.
Santiago formou co seu irmán Xoán e os tamén irmáns Pedro e André, o primeiro grupo de discípulos de Cristo. Xesús foinos buscar ao lago Tiberíades. San Mateu (Mateu 4:21-22) e San Lucas (Lucas 5:10) sinalan que o futuro apóstolo e os seus compañeiros estaban a traballar nos seus aparellos. Tras chamar a André e Pedro, aos cales encontra botando as redes ao lago, fixo o mesmo con Santiago e Xoán e todos decidiron seguilo, deixando canto tiñan. Denantes, Xesús axudáraos de xeito milagreiro na súa pesca, unha metáfora coa que lles pedía que se convertesen dende ese momento en "pescadores de homes".
Xunto a Pedro e Xoán, aparece como un dos apóstolos preferidos por Xesús en escenas como a resurrección da filla de Xairo (Mc 5:35-43; Lc 8:40-55), a transfiguración (Mt 17:1-2) ou a anguria no monte das Oliveiras antes da paixón (Mt 26:37). Pero, cando Xesús é arrestado, Santiago foxe cos demais discípulos.
A súa nai, Salomé, é unha das mulleres que, como María Madalena, acompañan a Xesús na súa predicación itinerante, o que era algo insólito na sociedade patriarcal daquel tempo.
Sen que exista evidencia histórica, crese que, trala morte de Xesús, Santiago partiu a evanxelizar a Península Ibérica. Crese que estivo en Galicia e tamén en Portugal (Braga, Guimarães e Póvoa de Varzim). O primeiro en documentar a presenza de Santiago en Hispania foi Beato de Liébana no seu Comentario ó Apocalipse de San Xoán (no 776); no himno O Dei verbum, tamén atribuído ao Beato, cualifícase, por primeira vez, patrón de España. Poucos anos despois prodúcese o descubrimento dos restos do apóstolo.
Os textos esenciais nos que se apoiou a tradición da predicación peninsular de Santiago son o Codex Calixtinus, -que a cita no libro III, sobre a translatio- e o Breviarium Apostolorum, de finais do século VI ou principios do VII, escrito nalgún lugar de Francia ou Italia e con influencias orientais reinterpretadas en Occidente. Nel sinálase por primeira vez que o Apóstolo predicou en Hispania e nas terras occidentais do mundo. A comezos do século VII a obra De ortu et obitu patrum, atribuída a Santo Isidoro de Sevilla, recolle por primeira vez a súa presenza en Hispania nunha interpolación que foi atribuída á influencia e difusión do Breviarium. Denantes destes textos, nos séculos IV ao VI xa se difundiran no mundo cristián algunhas noticias sobre as misións evanxélicas dos apóstolos atribuíndo, de forma indirecta ou máis ou menos específica, segundo os casos, a misión occidental a Santiago, sen indicar ningún territorio en concreto. Tamén é certo que outras fontes orientais sitúan a súa misión lonxe de occidente.
Segundo o libro III do Calixtino, Santiago nomeou doce discípulos, tres en XerusalénAntes de ser decapitado, un deles, Xosías, executado canda el. e nove en Galicia, cando predicaba por estas terras. Destes nove, dous quedaron en Galicia mentres que os sete restantes acompañaron a Santiago no seu regreso a Xerusalén e foron os que trouxeron o seu corpo; foron ordenados bispos por Pedro e Paulo e enviados a predicar a Hispania. Dous deles, Atanasio e Teodoro, gardaron o sepulcro e foron enterrados con Santiago.
Segundo a tradición, o 2 de xaneiro do ano 40, a Virxe María aparecéuselle en Caesaraugusta (actual Zaragoza), sobre un piar (hoxe venerado na basílica de Nosa Señora do Pilar). A tradición da Virxe da Barca, en Muxía é similar: a nai de Xesús, aparéceselle nunha nave de pedra sobre o Océano e confórtao e anímao a seguir predicando entre os galaicos. miniatura|Faro de Vigo do 24/7/1927. Alegoría de Camilo Díaz no Día de Galicia. Os touros da Raíña Lupa conducen os restos de Sant-Iago ao sagrado Libredón.
Como dixemos, Santiago volveu a Palestina, parece ser que decepcionado polos escasos resultados da súa evanxelización."Después de predicar por Judea y Samaria vino a España, pero viendo que su fruto era escaso, dejó en la península a uno de sus discípulos y volvió a Judea" (Juan Carmona, px. 408. Referencia esta afirmación en el Libro IV del Breviarium apostolorum). En Xerusalén foi abordado por dous magos, Hermóxenes e Fileto, pero este segundo converteuse á nova relixión. Hermóxenes enviou contra Santiago unha lexión de demos pero este venceunos e ordenoulles que lle trouxesen a Hermóxenes encadeado ante el. Santiago liberou a Hermóxenes e deulle o seu propio báculo para defenderse dos demos, tralo cal queimou os seus libros de feiticería e converteuse.Hermóxenes e Fileto terminaron sendo discípulos de Santiago, foron nomeados bispos e morreron no martirio en Antioquía (Códice Calixtino, cap. IX do libro I, e prólogo do libro III).
Vistas estas conversións, o Sanedrín condenouno a morte e foi decapitado por orde de Herodes Agripa I entre os anos 43 e 44. Segundo Eusebio de Cesarea (c. 265-c. 340), o seu delator, o xa citado Xosías (un dos fariseos), ao ver a serenidade e enteireza con que se resistiu a renegar de Cristo, converteuse e acompañouno no martirio.Historia Eclesiástica, II IX, 2 ss. Tamén Códice Calixtino cap. IX, tomo I.
Foi, segundo os Feitos dos Apóstolos, o primeiro dos apóstolos en ser martirizado.
Os seus restos miniatura|dereita|Detalle do frontal da urna de prata onde se cre que repousan os restos de Santiago o Maior e os seus dous discípulos, na Catedral de Santiago de Compostela. miniatura|dereita|Detalle do mapa mundi de Beato do Burgo de Osma, coa figura de Santiago na catedral (c. 1086)
miniatura|Moeda coa translación do Apóstolo.
dereita|miniatura|Escudo do concello de Padrón.
Segundo a tradición popular, os restos de Santiago foron trasladados dende Palestina ata Galicia de forma milagrosa: uns anxos colléronos e depositáronos nunha barca de pedra e sen temón que chegou sen que ninguén a gobernase ata Iria Flavia, na desembocadura do río Ulla, e amarrada no Pedrón (de aí Padrón). Dende alí, disque foron levados ata o monte Libredón (actual Santiago de Compostela) atravesando os hostís dominios da raíña Lupa, denominada como raíña de Galicia. Isto, aínda que supuxo a aparición do Camiño de Santiago, nunca chegou a ser confirmado. San Xerome de Estridón, no século IV; Isidoro de Sevilla (560-636) en De ortu et obitu Patrum; o Breviarium Apostolorum de finais do VI ou principios do VII; o eclesiástico británico Aldhelmo, no mesmo século; ou a denominada Carta do Papa León, do século IXEpistola Leonis, supostamente escrita polo papa León III (795-816), incorporada ó libro III do Calixtino, pero hoxe considerada apócrifa., falan da predicación de Santiago en Hispania. Trala invasión árabe, no reino astur-galaico mantense a tradición e, no século VIII, fúndase polo bispo Odoario de Lugo a igrexa de Santiago de Meilán (parroquia de Lugo). No Beato de Osma (c. 1086) píntase un detallado mapa mundi coa cabeza de Santiago sobre Gallaecia.
Finalmente, o bispo de Iria Flavia, Teodomiro e o rei astur-galaico Afonso II cara os anos 820-830Tradicionalmente deuse a data do ano 813 para a Inventio, defendida, entre outros, por Antonio López Ferreiro (1837-1910). Púidose escoller esta data para facela coincidir con Carlomagno, morto no 814, pero resulta imposible porque neses anos o arcebispo de Santiago non era Teodomiro senón Quendulfo II, que o foi ata polo menos o 819 (Xacopedia.com). confirmarán que o ermitán Paio e os fregueses de San Fiz de Solovio reencontraron o sartego apostólico.
Teodomiro informou ó rei Afonso II de Asturias e Galicia, que mandou construír no lugar unha primeira igrexa. Esta será substituída por unha basílica, de maiores dimensións, construída no 899 por Afonso III de Oviedo (866-910). No ano 997, esta basílica foi destruída por Almanzor, comandante do Califato de Córdoba. Finalmente, o rei Afonso VI de León ordenou a construción da actual catedral, iniciada en 1075. Os restos de Santiago repousan na actualidade no interior da Catedral, baixo o altar maior.
O seu sartego estaba próximo a un castro onde na época romana se construíu un mausoleo en dous niveis cuxo piso inferior é unha cámara sepulcral dos séculos I e II e onde repousaban tres cadáveres, un de cuxos sepulcros era máis relevante que os outros dous. O profesor Isidoro Millán González-Pardo descifrou unha inscrición en grego con caracteres semíticos na que di ler: Athanasius martirIsidoro Millán González-Pardo y Antonio Blanco Freijeiro - Boletín de la Real Academia de la Historia (Tomo CLXXXVI, Cuaderno II, pp. 209-220, o que coincide coa tradición de que, onda a Santiago, foron sepultados os seus discípulos, tamén mártires: Atanasio e Teodoro.
En Xerusalén, a Igrexa Apostólica Armenia edificou a catedral de Santiago no lugar onde se di que fora decapitado e depositada a súa cabeza.
Difusión Foi patrón dos reinos cristiáns hispánicos, e venerado en España, en toda Europa así como en multitude de santuarios de América, e deu nome a numerosas e importantes vilas e cidades, algunhas fundadas polos españois. Como xa se indicou, Beato de Liébana (século VIII), no himno O Dei verbum, atribuído a el, cualifícase, por primeira vez, patrón de España.
Por outra banda, tamén é extensa a lista de cidades das que tamén é o seu patrón Santiagoturismo.com.: En España: Santiago de Compostela Sama de Langreo (Asturias) Villanueva de la Serena (Badaxoz) Santiago de Alcántara (Cáceres) Santiago de Tunte (Canarias) Santiago de Gáldar (Canarias) Santa Cruz de Tenerife (Canarias)