O Premio de Investigación en Humanidades e Ciencias Sociais Olimpio Arca foi convocado por primeira vez no ano 2017 polo Concello de Cuntis para premiar investigacións referidas ao ámbito das Humanidades e das Ciencias sociais. Descrición O premio recibe o seu nome do escritor e mestre nado en Cuntis, Olimpio Arca. De feito, a creación do mesmo tivo lugar coa dupla intención de homenaxear e conmemorar a figura de Olimpio Arca polas súas contribucións aos ámbitos da escola, a etnografía, a literatura, así como pola recuperación do patrimonio; motivo polo que cómpre ser recordado como un exemplo polo seu compromiso coas causas da instrución e da cultura.

A convocatoria está destinada a traballos que versan sobre ciencias sociais e humanidades (arqueoloxía, etnografía, historia, filoloxía, literatura etc.), de temática galega e que supoñen unha achega orixinal e novidosa ao coñecemento de calquera das disciplinas obxecto da convocatoria.

Gañadores 2017: Xosé Fuentes Alende, polo traballo "Os exvotos na relixiosidade popular de Galicia". 2018: Miguel García-Fernández, polo traballo "As mulleres e a práctica testamentaria na Galicia medieval. Bases para unha historia social das mulleres galegas (1100-1550)".

Notas

Olimpio Arca Categoría:Cuntis