A evasión da motora Rocío foi a fuxida de 29 republicanos galegos desde Malpica de Bergantiños o 31 de agosto de 1938. Chegaron a Brest tres días despois.
Historia
esquerda|miniatura|Placa en homenaxe aos fuxidos por mar en Malpica.
A fuga estivo organizada por Juan Delgado Criado. O 31 de agosto de 1938 marchou na motora Rocío con outras 28 persoas, entre elas Antonio Rojo Varela, Eugenio Salvande Botana, Eugenio Amigo Otero, Pedro Blanco Gómez, Jesús Blanco Martínez, José Blanco Martínez, Pedro Chouciño Fariña, Manuel Graña Blanco, Miguel Mato Mato, Eliseo Novo Veiga, Gabriel Ordóñez Pose, Enrique Outeiro Mato, José Outeiro Mato, José Pose Casal, Rogelio Pose Villar, Ramón Rojo Pazos, Ramón Romay Pérez, Manuel Ruíz Arcay, José Varela Pose, Rogelio Villar Romay e Anastasio Aguilar Domínguez, un viaxante de viños de Xerez de orixe estremeña. Os evadidos foron xulgados en Ferrol na causa 2109/1938.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Evasión da motora San Adrián Evasión do Ciudad de Montevideo
Categoría:Evasións por mar de Galicia no franquismo Categoría:1938 en Galicia Categoría:Malpica de Bergantiños