Lagopus é un xénero de aves da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos.

Comprende tres especies coñecidas como lagópodos.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1760 polo zoólogo francés Mathurin Jacques Brisson.Lagopus Brisson, 1760 no ITIS.

Etimoloxía O nome científico Lagopus está formado pola unión dos elementos do latín científico lago- e -pus. O primeiro deriva da raíz do substantivo do grego antigo λαγὠς lagṓs, 'lebre'; e o segundo, de ποδόσ podós, xenitivo de πούς poús, 'pé'.<ref>Lagopus no Merriam-Webster Unabriged Dictionary.</ref> Literalmente: 'os de pés de lebre' (ou 'os de pés como os da lenre').

Especies miniatura|240px|Lagópodo cinsento, macho en plumaxe invernal, no Xapón. miniatura|240px|Lagopus leucura, en Alberta.

Na actualidade recoñécense no xénero as tres especies seguintes:Clements, J. F. (2007): The Clements Checklist of Birds of the World, 6th Edition. Cornell University Press.

Lagopus lagopus (Linnaeus, 1782) - lagópodo común Lagopus leucura (Richardson, 1831) - lagópodo de cola branca Lagópodo cinsento (Montin, 1781) - lagópodo alpino, lagópodo branco ou perdiz nival

Nota sobre os nomes vulgares A Real Academia Galega, no seu Dicionario, define lagópodo como «Zooloxía. Ave da orde dos galiformes, de tamaño mediano, coa plumaxe que varía do pardo ao branco, os tarsos e os dedos cubertos de plumas, da que existen varias especies».

Para usarmos un nome diferente para cada unha das especies, séguese o criterio da Academia: «As escollas normativas deber ser harmónicas coas das outra linguas, especialmente coas romances en xeral e coa portuguesa en particular, ...»Do § 4 da "Introdución" ás NOMIG, 1ª ed., revisada, maio de 1995.

Nomes noutras linguas romancesLagopus lagopusCastelán: lagópodo comúnCatalán: lagòpede comúLagopus leucuraCastelán: lagópodo coliblancoFrancés: lagopède à queue blanchePortugués: lagópode-de-cauda-branca Lagopus muta Castelán: perdiz nival, lagópodo alpino''

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Galiformes Fasiánidos Tetraoninos Camuflaxe para a neve

Ligazóns externas Lagopus na ADW.

Categoría:Fasiánidos