A pulpite é a inflamación da polpa dentaria provocada por estímulos nocivos de diversa índole, dentro dos cales están: os axentes bacterianos que poden ter unha vía de acceso coronario (carie, anomalías dentarias: como dens in dente, evaxinación e invaxinación) e unha vía de acceso radicular (lesións endoperiodontais, carie radicular); traumáticos: trauma agudo (fractura coronaria e radicular, luxación) e crónico (atrición, abfracción, erosión); químicos a través do uso de materiais de obturación (resinas - cementos) antisépticos, desecantes (alcol - cloroformo) e desmineralizantes; iatroxénicos calor de fresado, puído e de fraguado, exposición pulpar, e, finalmente, idiopáticos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Leonardo, Mário; Endodontia: Tratamento dos canais radiculares: princípios técnicos e biológicos.
Categoría:Doenzas inflamatorias Categoría:Termos médicos