Pedro Grela Viqueira, nado en Malpica de Bergantiños en 1889, foi un político galego.

Traxectoria Fillo de Mariano Grela Fernández, industrial salgador. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde de Malpica de Bergantiños. Foi destituído polo gobernador civil o 30 de xuño de 1937, e ao mesmo tempo foron suspendidos o secretario da corporación Ramón Astray Labarda, dous oficiais do concello e o secretario do Pósito de Pescadores Juan Ignacio Delgado Criado.La Voz de Galicia, 1-7-1937, p. 2. Foi sancionado cunha multa de 5000 pesetas e o confinamento durante seis meses en Medina de Rioseco xunto co seu pai Mariano Grela. Volveu ser investigado en abril de 1938. En 1942 foi sancionado pola Fiscalía de Taxas por ocultación de aceite.La Voz de Galicia, 7-6-1942, p. 2.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Alcaldes de Malpica de Bergantiños Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Malpica de Bergantiños Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes