O voo 153 de Caledonian Airways era un servizo chárter multi-traxecto de pasaxeiros dende Luxemburgo, con paradas en Khartún, Lourenço Marques (hoxe Maputo), Douala e Lisboa, antes de regresar a Luxemburgo. O día 4 de marzo de 1962 o Douglas DC-7C que operaba a ruta, con rexistro G-ARUD, esnafrouse pouco despois de engalar do aeroporto de Douala, no Camerún, nun pantano na beira dunha selva a 2,4 quilómetros do aeroporto. Trátase do peor accidente dun DC-7.
Avión O avión fora alugado a Sabena en novembro de 1961 e fora bautizado como Star of Robbie Burns. O aparello tiña máis de 14 000 horas de voo antes do accidente.
Notas
Caledonian Airways 0153 Caledonian Airways Caledonian Airways