Alonso Fernández de Lugo, nado en Sanlúcar de Barrameda, c. 1456 e finado en San Cristóbal de la Laguna o 20 de maio de 1525, foi un fidalgo e conquistador castelán-andaluz responsable da incorporación definitiva das Illas Canarias á Coroa de Castela no século XV.

Participou na conquista de Gran Canaria e capitaneou as da Palma e Tenerife, das que sería gobernador. Tamén foi nomeado polos Reis Católicos capitán xeneral de Berbería «dende o cabo de Aguer até o de Bojador» e Adiantado das illas Canarias.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Conquista das Illas Canarias

Categoría:Conquista das Illas Canarias Categoría:Finados en 1525 Categoría:Nados en ano descoñecido