Ana Matnadze (en ), nada en Telavi, Xeorxia o 20 de febreiro de 1983, é unha xogadora de xadrez xeorxiana que representa a España. Alcanzou a categoría de mestra internacional e Gran Mestra.
Traxectoria A súa nai ensinoulle a xogar ós catro anos e empezou a viaxar ós seis; pouco despois xa tiña como adestradora á ex-campioa do mundo Nona Gaprindashvili, unha das grandes ídolos dos xeorxianos. Sufriu entón un adestramento intensivo de dez horas diarias. Xogou o Mundial sub 10 en Bratislava (Checoslovaquia) e gañouno. Seguiron outros éxitos: pentacampiona de Europa (dous sub 12, un sub 14, dous sub 16) e campioa do mundo sub 14. Xa na adolescencia empezou a desenvolver outra das súas paixóns, a aviación. Matnadze converteuse en Mestra Internacional Feminina (WIM) en 1999, en Gran Mestra Feminina (WGM) en 2002, e en Mestra Internacional (IM) en 2006. Empezou a frecuentar España e xogaba a liga Catalá os fins de semanas durante tres meses combinándoa con outros torneos ata que, en 2004, decidiu vivir en Barcelona. Licenciada en filoloxía xermánica en Tiblisi, domina a linguas castelá, xeorxiana, rusa, alemá, inglesa, portuguesa e catalá. Participou en numerosas sociedades e actividades benéficas e, fascinada polos vampiros, é a personaxe protagonista dun libro de Miguel Álvarez Morales, AnnA La Vampiresa (2012).
Notas
Categoría:Nados en 1983 Categoría:Nados en Telavi Categoría:Xadrecistas de España Categoría:Xadrecistas de Xeorxia Categoría:Alumnos da Universidade Estatal de Tbilisi