Raúl Santiago Taracido, nado en Marín e finado no mesmo concello a principios de xullo de 1991,La Voz de Galicia, 4-7-1991, p. 36. foi un empresario e político galego.
Traxectoria No franquismo foi xefe local do Movimiento, delegado do Frente de Juventudes, delegado de Sindicatos e Ex-combatentes, concelleiro e primeiro tenente de alcalde durante máis de seis anos. Foi nomeado alcalde de Marín en 1962. Renunciou ao cargo en xullo de 1968. Foi presidente de Safricope e formou parte do consello de Pesquerías Marín.
Vida persoal
Casou con Josefa Fernández e foi pai de Francisco Antonio Santiago Fernández.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Alcaldes de Marín
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Alcaldes de Marín Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Marín Categoría:Finados en 1991 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes