O voo 99 de Aeroflot era un Tupolev Tu-124 que operaba un servizo regular doméstico de pasaxeiros dende Leningrado ata Murmansk que se esnafrou mentres intentaba aterrar o día 11 de novembro de 1965. Dos 64 pasaxeiros e tripulantes a bordo, 32 morreron no accidente, e moitos dos superviventes resultaron feridos.

Avión O aparello implicado era un Tupolev Tu-124 con rexistro CCCP-45086. O avión era bastante novo, xa que saíra da liña de montaxe en agosto de 1965, tres meses antes do accidente. O aparello tiña só 357 horas de voo en 300 ciclos.

Tripulación Había sete tripulantes a bordo do avión. A tripulación de voo estaba formada por:

O capitán Donat Samuilovich Nekludov. O copiloto D. A. Kuneshov. O navegante Y. M. Vishnev. O enxeñeiro de voo V. I. Romanov. O operador de radio F. I. Petrov.

Accidente O voo 99 engalou do aeroporto de Pulkovo ás 14:21. O voo transcorreu sen problemas durante a engalaxe e a fase de cruceiro. Porén, durante o descenso cara a Murmansk o tempo empeorara con cumulonimbus a 260 metros, neve e visibilidade de 1,5 km.

At 15:50, 7 minutos antes da hora de chegada prevista, o control de tráfico aéreo informou o voo das pobres condicións meteorolóxicas no aeroporto e instruíuno para voar a unha altura de 2 400 metros; pouco despois ordenou ao avión reducir altura novamente para chegar aos 700 metros. O curso da aterraxe era de 215°.

Cando o voo estaba a unha altura de 800 metros o capitán iniciou un xiro, perdendo altura máis rápido do que anticipara. Durante a aproximación, a 7 100 metros da pista, o Tupolev estaba voando 400 m á esquerda do centro da pista. Cando o avión estaba a unha altura de 180 metros e intentando pasar a baliza non direccional que se atopaba a uns 2 400 metros da pista, entrou na tormenta de neve. Pouco despois o piloto ao mando incrementou a taxa de descenso e ás 15:57 o Tu-124 esnafrouse no conxelado lago Kilpyavr a 273 metros da baliza e a 2 127 metros da pista.

Despois de golpear o xeo o avión perdeu a á esquerda e a fuselaxe rompeu en dúas partes, separándose da cabina de mando. A á dereita separouse despois. A fuselaxe parou no xeo a 1 562 m do inicio da pista e afundíuse rapidamente. Soldados conseguiron salvar varios pasaxeiros da fuselaxe afundida. A cabina de mando parou no xeo a 166 metros á esquerda da fuselaxe e despois afundíuse parcialmente en augas pouco profundas preto dunha pequena illa no medio do lago. Todos os tripulantes agás o navegador e o despachador conseguiron escapar. Soldados destinados nun edificio próximo á baliza apresuráronse para rescatar os pasaxeiros e tripulantes do avión, pero 32 das 64 persoas a bordo morreron.

Causa Os pilotos descenderon por debaixo da senda de planeo pero non se decataron do seu erro inmediatamente. O que os pilotos pensaban era que as luces da pista eran realmente luces dunha veciñanza próxima ao aeroporto, causando que a tripulación pensase que non descenderan o suficiente; motivo polo cal incrementaron a taxa de descenso aínda máis. Cando se decataron do erro era demasiado tarde e o avión esnafrouse no lago conxelado. Razóns secundarias do accidente son que o aeroporto non estaba equipado con luces de aproximación de senda de planeo, e o controlador de tráfico aéreo fallou en advertir á tripulación de que a súa altura era demasiado baixa en relación á proximidade da pista.

Notas

Aeroflot 0099 Aeroflot Aeroflot